Comunicado cadro persoal Diario de Ferrol _ Manifestación 02/09/2015 episode artwork

EPISODE · Sep 7, 2015 · 8 MIN

Comunicado cadro persoal Diario de Ferrol _ Manifestación 02/09/2015

from Novas Locais en Rádio FilispiM

O cadro de persoal do Diario de Ferrol, retoma as mobilizacións logo do despedimento de dúas das xornalistas máis veteranas e dun novo despedimento, desta vez de El Ideal Gallego, todas elas pertencentes ao grupo La Capital. O paro, de carácter indefinido, cun primeiro tramo de corenta e oito horas, comezou ontes mércores 2 de setembro. O persoal demanda un plan de viabilidade que garanta os postos de traballo, a readmisión d@s despedid@s, así como o aboo dos salarios adebedados até hoxe e a súa normalización mensual. A xornada do 2 de setembro constatou o apoio da cidadanía ao cadro de persoal do Diario de Ferrol, así como á continuidade deste xornal, coa asistencia dunha grande cantidade de persoas que, a título individual ou en nome de diversos colectivos, acudiron, primeiro á concentración as portas da sede do Diario, na rúa Galiano, e despois, a manifestaión até a praza José Couso. Dende o Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM, expresamos a nosa solidaridade co cadro de persoal do Diario de Ferrol, así como a continuidade normalizada dunha cabeceira tan necesaria, que garanta a pluralidade informativa e a información local. No audio, rexistrado polos informativos de Rádio FilispiM, ouvimos o comunicado final desa mobilización, lido por Nicolás Vidal, en representación d@s tratallador@s do Diario de Ferrol. Informou o Pequeno Monstro para os Informativos locais de Rádio FilispiM.

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Sep 7, 2015

Embed this episode

NOW PLAYING

Comunicado cadro persoal Diario de Ferrol _ Manifestación 02/09/2015

0:00 8:35

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Novas Locais en Rádio FilispiM?

This episode is 8 minutes long.

When was this Novas Locais en Rádio FilispiM episode published?

This episode was published on September 7, 2015.

Can I download this Novas Locais en Rádio FilispiM episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!