Skip to content
Concerto - Os Lubicans episode artwork

Mar 20, 2018 56 min

Concerto - Os Lubicans

from Eventos

Na actualidade Os Lubicáns son un Cuarteto con gaita, frauta, tambor e bombo, integrado por: Félix Castro: Gaita de Faustino Santalices toque pechado en Do Cástor Castro: frauta de madeira en Do grave Marcos Saburido: tambor (modelo Faustino Santalices) e caixa Diego Iglesias: Bombo. Con esta formación pretenden revalorizar e difundir o repertorio e estilo dos gaiteiros ourensáns e o toque pechado da provincia de Ourense, do que Faustino Santalices e Modesto Sánchez, por citar algúns exemplos, foron dous dos máximos exponentes. O nome do grupo provén da verba Lubicán, coa que se nomea na Limia e parte de Zamora ao lince, animal de natureza fuxidía e case invisible. En contra de todas as estadísticas oficiais que negan a súa presenza a día de hoxe na Galiza, nós persoalmente estamos certos de que están entre nós, axexándonos dende a Serra de San Mamede, Manzaneda, Queixa ou o Xurés. Crer non cremos neles, pero habelos hainos. Do mesmo xeito a música dos Lubicáns artéllase cun repertorio íntegramente ourensán, resultado de máis de vinte anos de recolleitas aos gaiteiros na provincia. Os Lubicáns reivindican o legado dos gaiteiros solitsas rurais, verdadeiros gaiteiros comunitarios anónimos que a pesar da súa aparente invisibilidade por vivir afastados das grandes urbes galegas e non chegar en moitos casos a realizar gravacións sonoras de ningún tipo durante o século pasado, foron quen de manter viva a música tradicional cun sabor e estilo especial moi característico, primando a función do baile, como amosa todo o xénero de músicas bailables que interpretan (mazurcas, medios pasos, fox, valses, pasodobles, polcas, rumbas, xotas, muiñeiras)”

Episode details come from the podcast's RSS feed.

Embed this episode

Ready to play

Concerto - Os Lubicans

0:00 56:42

No transcript yet.

Requests help us decide what to transcribe next.

Frequently asked questions

How long is this episode of Eventos?

This episode is 56 minutes long.

When was this Eventos episode published?

This episode was published on March 20, 2018.

Can I download this Eventos episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.