Coñecendo os nosos concellos
from Radio na biblio 2018/2019
Esta é a primeira emisión dun novo programa que faremos en común os colexios de Sober e da Pobra do Brollón que somos os únicos colexios da provincia de Lugo que pertencemos ao poxecto Radio na biblio e que, por tanto, contamos cun laboratorio propio de radio na biblioteca. Parécenos que esta coincidencia é un bo punto de partida para coñecernos mellor e aprender sobre os nosos concellos a través de programas de ida e volta nos que un dos colexios contaralle ao outro datos sobre o seu concello e fará unha pregunta sobre o concello veciño que ese alumnado deberá investigar e gravar na próxima edición do programa.
Embed this episode
No transcript yet.