EPISODE · Apr 14, 2019 · 1H 18M
Conferencia de Amelia Tiganus (12-4-2019)
from A Xanela das Fucas
A ninguén lle gusta falar da prostitución, nin tampouco que se faga visible nas nosas vidas. Agora ben, ¿é a prostitución unha opción vital semellante a calquera outro traballo? Certamente é un modo de vida para os "empresarios do sexo" que buscan a normalización legal e social do seu diñeiro. Porque non deberiamos esquecer que a prostitución é o terceiro negocio en beneficios e que unha parte substancial deste negocio repousa na "economía criminal". Está comprobado que ao redor do mundo da prostitución prodúcese un aumento do tráfico de drogas, a delincuencia e outros delitos. En España hai polo menos tres bordeis por cada hospital público. Nun dos países con máis clientes de prostitución do mundo Hasta 40 millóns de persoas son prostituídas no mundo, segundo informes internacionais. Tres de cada catro teñen entre 13 e 25 anos de idade. Interior censou a 14.000 prostitutas en España en 2017 aínda que estima que son polo menos o triplo. Outros informes aluden a 100.000. A policía estima que o 80% delas son vítimas forzadas, aínda que non existen cifras oficiais. Para abordar este tema, dende Fuco Buxan , invitamos a AMELIA Tiganus para escoitar de primeira man o seu testemuño, a súa experiencia e compromiso na loita deste problema social.
Embed this episode
NOW PLAYING
Conferencia de Amelia Tiganus (12-4-2019)
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.