Skip to content
Contos e cancións da GUERRA DE CUBA episode artwork

Jan 28, 2012 6 min

Contos e cancións da GUERRA DE CUBA

from CULTURA e LINGUA

Xosé Luís Rivas Cruz (Mini) e Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero) son músicos, poetas, mestres e investigadores do folklore e a cultura tradicionais galegos, membros históricos de Fuxan os Ventos e actuais compoñentes de A Quenlla. É salientable o seu labor de recompilación de contos, lendas, refráns, ditos ou poemas, principalmente na súa Terra Chá natal e nas zonas onde exercen o seu traballo de mestres: Mesía (Mero) e Boimorto (Mini). O arquivo sonoro froito deste labor, e composto por milleiros de cintas magnetofónicas, foi cedido ao Museo do Pobo Galego para a súa dixitalización e incorporación ao Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade, que ha estar dispoñible no web do museo. No campo educativo son autores de diversos libros de texto de ciencias sociais, naturais e lingua galega para o ensino infantil e primaria. Neste audio falan da pegada na nosa Tradición que nos deixou a, xa lonxana, Guerra de Cuba. En abril de 2009 foilles concedido por unanimidade o Pedrón de Ouro como recoñecemento á súa traxectoria de corenta anos de investigación musical, galardón que recibiron o 24 de maio de 2009.

Episode details come from the podcast's RSS feed.

Embed this episode

Ready to play

Contos e cancións da GUERRA DE CUBA

0:00 6:27

No transcript yet.

Requests help us decide what to transcribe next.

Frequently asked questions

How long is this episode of CULTURA e LINGUA?

This episode is 6 minutes long.

When was this CULTURA e LINGUA episode published?

This episode was published on January 28, 2012.

Can I download this CULTURA e LINGUA episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.