EPISODE · Jun 1, 2026 · 3H 56M
A tarde 01-06-2026
É máis saudable o leite de vacas que pastan no exterior? O leite sen lactosa pode ser bo para todalas persoas? Sabemos as diferencias entre un leite UHT e un pasteurizado? No Día Mundial do Leite resolvemos algunhas dúbidas sobre este alimento con Manuel Gómez, técnico superior de investigación da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC. A OCU asegura que o 98 por cento dos españois seguen recibindo chamadas de Spam. Enrique Garcia, voceiro desta organización de consumidores, asegura que é moi difícil acabar coas chamadas comerciais non desexadas porque hai unha chea de empresas interpostas entre a que fala con nos e a que nos faia a oferta. A nova lei, segundo o voceiro da OCU, ofrece unha importante novidade: os contratos feitos por este sistema son considerados nulos. Achegámonos ó tanatorio Apostol de Oleiros, que incorporou un columbario exterior, onde se poden colocar ata 270 urnas coas cinzas doutros tantos falecidos. O seu director, Manuel Espasandín, explica que se abre a posibilidade de escoitar música o proxectar fotos, pero o habitual é seguir as pautas tradicionais. A colaboradora sobre literatura infantil Andrea Jamardo recomenda "Astuta poli e o lobo parvo", tradución de 2 libros publicados a mediados dos 50 pola escritora británica Catherine Storm, e o quinto volume da colección de banda deseñada "Marco Pola". O antropólogo Rafael Quintiá falanos do significado das festas patronais.
NOW PLAYING
A tarde 01-06-2026
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Mar 26, 2026 ·1m
Jan 2, 2026 ·47m
Dec 21, 2025 ·46m