Desinformación nos medios de comunicación
from Onda Ciencia
Os expertos alertan sobre a existencia dunha “industria da desinformación” que busca erosionar a democracia, socavar a confianza nas institucións e manipular a opinión pública. Para afondar nas causas e nas consecuencias da proliferación de falsidades ou loiadas e de información manipulada nas redes sociais conversamos con tres investigadoras da Universidade da Coruña: Laura Morán Fernández, profesora da Facultade de Informática e Membro do Grupo de Investigación Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento en Intelixencia Artificial (LIDIA) Irene González Martínez, profesora da Facultade de Dereito, investigadora no proxecto “Comunicación e publicidade dixital non discriminatoria para unha sociedade xusta e igualitaria”. Tamara Pazos Cordal, bióloga, neurocientífica e responsable de Comunicación e Divulgación Científica do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da UDC.
Embed this episode
No transcript yet.