Despedida de Rosalía
from Biblioponte Lugo
Despois de varios días compartindo poemas de Rosalía de Castro a través das fermosas lecturas do noso alumnado, chegamos á última entrada desta pequena pero moi especial iniciativa. Nesta ocasión, reunimos as voces de varios nenos e nenas que, con ilusión e agarimo, deron vida aos versos dunha das grandes figuras da nosa literatura. Cada lectura foi única e chea de sentimento, demostrando o talento e o compromiso dos máis pequenos coa nosa lingua e cultura. Queremos dar as grazas de corazón a todo o alumnado participante, así como ás familias e profesorado que fixeron posible este proxecto. Grazas por compartir, por aprender e por manter viva a voz de Rosalía. Agardamos que desfrutásedes tanto como nós desta experiencia!
Embed this episode
No transcript yet.