Día de Rosalía de Castro
from Biblioponte Lugo
No cole temos lectores e lectoras moi especiais… ¡o alumnado! ✨ O 23 de febreiro, para celebrar o Día de Rosalía de Castro, prepararon algo moi bonito: a lectura de varios poemas desta gran autora da nosa literatura. Con moita atención, voz clara e algún que outro nervio, mergulláronse nas palabras de Rosalía para compartilas con todos nós. Porque os seus versos seguen vivos e gústanos moito escoitalos e descubrilos xuntos. Estamos moi orgullosos deles e delas por poñerlle voz á poesía e por celebrar a Rosalía dun xeito tan especial. Agora convidámosvos a escoitar a súa lectura… Preparados para deixarvos levar polos versos de Rosalía? ▶️
Embed this episode
No transcript yet.