EPISODE · Feb 12, 2026 · 20 MIN
Día Mundial da Radio 2026
from Día Mundial da Radio
Se mal non lembro, hai uns anos que nos deu por buscar vida intelixente no universo... fóra do planeta Terra me refiro, supoño que porque daban por suposto que aquí xa a tiñamos... aínda que pasado o tempo moita xente xa empeza a dubidalo...en fin, que vos vou contar que non saibades... o caso é que como fóra seica aínda non se atopou –ou iso nos fan crer polo de agora- decidiron que optar por aquela máxima de “cando un non atopa o que quere o mellor é construílo”, vamos que igual que che fago un foguete para ir buscar a intelixencia fóra, tamén che podo construír a intelixencia e aforramos viaxes innecesarias... e así debeu ser o choio, dito e feito, intelixencia artificial ao canto! Pero... alguén nos preguntou se nos interesaba o negocio? A min desde logo non, así que a cousa quedou en modo “lentejas”... “o las tomas o las dejas”, bro! E postos nesta tesitura hai que apandar co experimento e así estamos, festexando a 15a edición do Día Mundial da Radio, falando este ano de «Radio e Intelixencia Artificial» o que nos trae inevitablemente, como amantes da radio que somos, a Orson Wells e aquela “Guerra dos Mundos”. Si, aquela que ben puido pasar por unha xogada inventada polo noso Chat GPT onde unha fake new mobilizou a moitos americanos e americanas que xa se daban por invadidos por aquela intelixencia que como diciamos ao principio andaban a buscar de acó para aló os astronautas ianquis... e ao final a cousa non andaba tan lonxe... so se precisaban os ingredientes necesarios: un pouco de credulidade, unha chisca de ignorancia, algo de descontextualización, as présas diarias e a falta de tempo para contrastar fontes... Uns pases máxicos do po da radio et voilá! A intelixencia artificial non estivo tan lonxe de nós daquela como nós pensábamos... non credes? Vexamos se o noso alumnado nos pode amosar esta teoría dos “enganos radiofónicos” máis claramente... Imos aló co noso programa deste ano. Feliz Día da radio a todos e todas dende Galicia! Participan: CEIP A Ponte – Lugo CEP Xesús Ferro Couselo – Valga CEIPP FRIAN TEIS – Vigo CEIP de Espedregada- Raxó -Poio CEIPP de Chancelas – Poio
NOW PLAYING
Día Mundial da Radio 2026
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Sep 3, 2024 ·62m
Jun 11, 2024 ·64m
Jun 8, 2024 ·1m
Dec 20, 2023 ·40m
Dec 13, 2023 ·32m
Dec 6, 2023 ·27m