PODCAST · education
Día Mundial da Radio
by Rede ESPORA
Programas adicados ao Día Mundial da Radio que se celebra todos os anos o 13 de febreiro.
-
7
Día Mundial da Radio 2026
Se mal non lembro, hai uns anos que nos deu por buscar vida intelixente no universo... fóra do planeta Terra me refiro, supoño que porque daban por suposto que aquí xa a tiñamos... aínda que pasado o tempo moita xente xa empeza a dubidalo...en fin, que vos vou contar que non saibades... o caso é que como fóra seica aínda non se atopou –ou iso nos fan crer polo de agora- decidiron que optar por aquela máxima de “cando un non atopa o que quere o mellor é construílo”, vamos que igual que che fago un foguete para ir buscar a intelixencia fóra, tamén che podo construír a intelixencia e aforramos viaxes innecesarias... e así debeu ser o choio, dito e feito, intelixencia artificial ao canto! Pero... alguén nos preguntou se nos interesaba o negocio? A min desde logo non, así que a cousa quedou en modo “lentejas”... “o las tomas o las dejas”, bro! E postos nesta tesitura hai que apandar co experimento e así estamos, festexando a 15a edición do Día Mundial da Radio, falando este ano de «Radio e Intelixencia Artificial» o que nos trae inevitablemente, como amantes da radio que somos, a Orson Wells e aquela “Guerra dos Mundos”. Si, aquela que ben puido pasar por unha xogada inventada polo noso Chat GPT onde unha fake new mobilizou a moitos americanos e americanas que xa se daban por invadidos por aquela intelixencia que como diciamos ao principio andaban a buscar de acó para aló os astronautas ianquis... e ao final a cousa non andaba tan lonxe... so se precisaban os ingredientes necesarios: un pouco de credulidade, unha chisca de ignorancia, algo de descontextualización, as présas diarias e a falta de tempo para contrastar fontes... Uns pases máxicos do po da radio et voilá! A intelixencia artificial non estivo tan lonxe de nós daquela como nós pensábamos... non credes? Vexamos se o noso alumnado nos pode amosar esta teoría dos “enganos radiofónicos” máis claramente... Imos aló co noso programa deste ano. Feliz Día da radio a todos e todas dende Galicia! Participan: CEIP A Ponte – Lugo CEP Xesús Ferro Couselo – Valga CEIPP FRIAN TEIS – Vigo CEIP de Espedregada- Raxó -Poio CEIPP de Chancelas – Poio
-
6
DMR 2025 - Rede ESPORA
A fraseoloxía popular foi a miúdo, cando non existían as estatísticas, a encargada de nos transmitir as andanzas dos fenómenos meteorolóxicos no noso país. Grazas a ela sabiamos que en febreiro “Pola Candeloria, medio inverno vai fóra” ou que “cando marzo maiea, maio marcea” e que “Nadal mollado, xaneiro xeado” e se falamos de novembro escoitamos aquilo de “Por San Andrés, a primeira nevada ves” ou iso dicían os nosos antepasado. Pero seica iso do cambio climático está facendo que cambie tamén o conto, como explicar senón que no mes de novembro deste pasado ano, a cidade da Coruña bateu o seu récord de temperatura máxima absoluta para este mes, acadando os 25,3 graos de máxima, ou que en decembro, a xente estivera nas Rías Baixas galegas tomando o sol en bikini porque o termómetro alcanzaba os 20 graos? Tan confuso é todo isto que moitas veces escoitamos á galeguidade dicir aquilo de que a xente anda tola, e engaden “coma o tempo”! Supoño que a sabedoría popular non anda moi desencamiñada, pois con esa frase podemos ir tendo máis claro que o cambio climático, que moitos negan, é realmente obvio… E se nos parece que o tempo tolea á xente, que dicirvos da flora e a fauna… As persoas que se adican á fenoloxía, esa ciencia que estuda as relacións entre o clima e o almanaque natural das especies, é dicir a floración das plantas, a maduración dos froitos ou migración dos paxaros, téñeno claro, clarísimo: cando se altera algún factor climático, poñamos por exemplo a temperatura de setembro e, especialmente de outubro, pódense observar cambios nos ritmos das especies, así non nos resultará estraño que haxa plantas toleando e florecendo cando non lles toca, vamos algo así como que nós poñamos as sandalias no mes de decembro… En fin, amiguiños e amiguiñas que como non empecemos a cambiar os nosos hábitos de consumo e coidado do planeta, pode que teñamos que darlle a razón ao refraneiro co que empezabamos, e dicir aquilo de que “de aquí a 100 anos todos calvos”. Participan: CEIPP Vicente Otero Valcárcel - Carral IES Xesús Ferro Couselo - Ourense CEIP Milladoiro - Malpica de Bergantiños IES Universidade Laboral - Ourense IES As Barxas - Moaña CEIP Ramón de Valenzuela - Bandeira CEIPP Frián - Teis CEIP Víctor Sáenz de San Cosme de Antes - Mazaricos CEIPP de Chancelas - Poio CEIP de San Ramón - Moeche
-
5
DMR 2024 - Rede ESPORA
No 1873, James Clerk Maxwell falaba por primeira vez das bases teóricas da propagación das ondas electromagnéticas, nun documento dirixido á Royal Society era Unha teoría dinámica do campo electromagnético. So 15 anos máis tarde Heinrich Rudolf Hertz, si aí está o tema dos “hertzios”, foi o primeiro en experimentar con esa teoría de Maxwell, ao idear non so como "crear" artificialmente tales ondas electromagnéticas, senón tamén como detectalas… e o seguinte foi o resultado de que hoxe esteades escoitando a miña voz: a posta en práctica deste “toma e daca” electromagnético. Este invento marabilloso ben merece que as ondas que nos están poñendo en contacto con medio mundo leven o nome de “Ondas hertzianas”. E dende aquelas, amigos, amigas, pois xa choveu… aló van máis de cen anos de radio e horas e horas de ensinar, entreter, manipular, divertir, convencer, etc etc, porque a radio dura coma un penedo superou todo tipo de acontecementos mundiais e devires da sociedade, e nin o video kill the radio star, como moitos agoirentos vaticinaron… A radio agarrouse con forza a aquilo que dicía o premio Nobel de literatura, Camilo José Cela: “o que resiste gaña”. E gañou, bueno si gañou! Gañou tanto que se reproduciu e pariu ao seu fillo máis novo: o podcast, e máis se temos en conta que Dona Radio, a súa nai, é xa centenaria… Un século de ondas hertzianas ao redor do mundo enteiro! Nin máis nin menos… Por iso, este ano a ESPORA deixa aquí a súa pequena pegada en forma de proposta aberta a todas aquelas persoas que queiran contribuir a facer da radio un instrumento educativo e constructivo, un instrumento que remate coas desigualdades doutros tempos que as veces nos chegaban en forma de programas, publicidades, etc. intentando usalas de xeito inadecuado e como instrumento de división do mundo. Nós apostamos por que a radio destes tempos sexa quen de poñer en valor, que dentro de cada corpo e cada voz existen persoas individuais, coas súas características propias e únicas e sobre todo ceibes, moi ceibes, co absoluto e magnífico dereito de vivir libremente.
-
4
DMR23 - Rede ESPORA
Neste 2023 que está recén nado, ler, escoitar ou ver os medios de comunicación son sinónimo de ter ante nós unha chea de novas relacionadas coa guerra, aunque que máis ben, deberiamos dicir coas guerras, porque inda que Ucrania colapsa casi todas as publicación e emisións, poderiamos tamén falar de Armenia e Azerbaián, Birmania, Irán, Yemen, Etiopía, República Democrática do Congo e Grandes Lagos, Sahel, Ucrania, Haití, Pakistán ou Siria, territorios todos eles, nos que entre o ano pasado e este non houbo ninguna tregua para os conflictos bélicos. A guerra é algo tan terrible que poucas veces nos deixa afastar o foco mediático dela e das súas nefastas consecuencias. Por iso, este ano, que no Día Mundial da Radio se nos da a oportunidad de falar de paz, queremos facelo dende os sitios onde sería necesario orquestrar unha carreira “desarmamentística” global, as escolas. Dende elas, quixemos lembrarlle ao planeta enteiro, que sempre existiron, e esperemos que nunca deixen de existir, momentos nos que homes e mulleres de moitos lugares fixeron todo o posible ( e incluso ás veces o imposible) por conseguir que persoas, territorios, países, veciñanzas, etc. tras algún tipo de conflito (armado ou non), chegaran a acordos de entendemento que non so acabaran coa belicosidade, senón que incluso sentaran algún precedente de paz de futuro para a comunidade na que aconteceron. Na ESPORA xa so nos queda citar a Newton, que falaba de que para acadar a paz había necesidade de construir menos muros e máis pontes, velaiquí vai a nosa, construida na seguranza das ondas e co mellor dos piares: a educación. Feliz Día Mundial da Radio. Participou neste podcast o alumnado dos centros: CEIP Pobra do Brollón CEIP Enrique Barreiro Piñeiro CPIP O Cruce CEIP Laredo EOI Vilagarcía de Arousa IES San Clemente
-
3
Día Mundial da Radio 2021 - Evolución, innovación, conexión - Rede ESPORA
A radio é un medio de comunicación que nos permite estar preto da xente. Sentila e coñecela un pouco mellor. A radio acompáñanos, infórmanos, divírtenos, fai que sintamos que non estamos sós. Aínda que xa ten máis de cen anos a radio evolucionou co mundo, innovando, adaptándose ás novas realidades socias e tecnolóxicas, pero sempre mantendo a súa capacidade de conectarnos. Hoxe, 13 de febreiro a UNESCO promove o Día Mundial da Radio, nós para festexalo imos facer unha viaxe no tempo, da man das nosas avoas, dos nosos pais, dos nosos tíos, das bisavoas … de toda a xente que ao igual que todos nós, dende que eran pequenas estiveron acompañadas pola maxia da radio. Deixémonos levar durante uns minutos nesta máquina do tempo polas lembranzas das persoas que nos acompañan e nos queren e achegan as súas voces dende as catro provincias galegas desde os seguintes centros educativos: CPI Manuel Suárez Marquier no Rosal CEIP Ramón de Valenzuela en Bandeira CEIP Ben-Cho-Sey de Pereiro de Aguiar CEIP Frian en Teis CEIP Víctor Saénz en Mazaricos CEIP da Torre Cela en Bueu IES Valadares de Vigo CEIP A Ponte de Lugo CEIP Plurilingüe de San Benito de Lérez en Pontevedra e o CEIP Plurilingüe de Chancelas en Combarro
-
2
Día Mundial da Radio 2020 - Somos Diversidade - Rede ESPORA
Recén cumpridos os 75 anos do peche do campo de concentración de Austwitch, sucédense as lembranzas polas vítimas do Holocausto, ese que fixo da diversidade un castigo. En tempos tan convulsos onde se pechan fronteiras para nos diferenciar, somos nós as Escolas as que debemos poner máis empeño en educar na diversidade, porque os nosos coles están cheos de personiñas de culturas diversas e que fan sempre comunidade e aprenden a convivir entre eles/as facendo da escola un ámbito social común e único, cheo de variedade e riqueza. Este xeito de vermos á sociedade nos colexios debe ser exemplo para os ámbitos externos á escola, sexamos pois exemplo de que somos diversos, pero moi iguais. Colaboraron con Rede Espora neste necesario podcast sobre a diversidade e a inclusión: CEIPP San Benito de Lérez, CEIP Canosa-Rus, CEIP Milladoiro, IES de Pastoriza, CEIP Víctor Sáenz, CPR Jorge Juan, CEIP Torre de Cela, CEIP do Xurés, IES Francisco Asorey, CPI de Zas, CPI Manuel Suárez Marquier, CEIP Laredo
-
1
Día Mundial da Radio 2019 - As novas que queremos - Rede ESPORA
Fart@s como estamos de oír novas relacionadas cos conflitos bélicos e coas desgracias que delas derivan para moitas xentes do planeta, gustaríanos vivir nun mundo onde todo iso non existise, así que pensamos que aínda que so sexa por un día e coa nosa imaxinación, poderiamos darlle a volta ao que acontece. Entre tod@s fixemos un noticieiro colectivo, pero non ao uso, senón só de noticias felices, e non de desgracias e conflitos bélicos, como adoitamos escoitar nas radios, coa esperanza de que algún día sexa verdade. Colaboraron con Rede Espora neste necesario podcast de diálogo, paz e tolerancia: Radio Coviña do CEIP de Covas en Meaño, A Voz de Arnaldo do CEIP de Seixo en Marín, Radio Laretas do CEIP Ricardo Tobío en Muros, Radio Uvín do CEIP Virxe do Carme de Sober, Radio Estrela do CEIP Enrique Barreiro Piñeiro de Vilariño, Radio Seara do CEIP de Seara en Moaña, Rabu Radio do CRA de Meis, IES Lucus Augusti, Radio Chancelas do CEIP de Chancelas, Radio Rosiña do CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos, A voz da Mata do CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal, Radio Faladoiro do CEIPP Torre de Cela en Bueu, Radio Balea do CEIP Milladoiro en Malpica, Radio Guímaro do CEIP de Pobra do Brollón, Caracola Radio do CEIPP San Benito de Lérez e Radio Escolar Mosteiro Meis do CPI Mosteiro-Meis
-
0
Día Mundial da Radio 2018 - Mulleres nas súas marcas
Os éxitos de moitas mulleres deportistas e o seu traballo apenas teñen a presenza que merece nos medios de comunicación. Por iso, dende Rede ESPORA, e coa colaboración de moitos centros escolares que se están a estrear nisto da radio -grazas ao proxecto Radio na Biblio-, quixemos facer presentes a moitas delas a través da voz das locutoras noveles das escolas... que o fixeron de marabilla!, deixando, nunca mellor dito, o pavillón moi alto. Poderedes escoitar nas súas voces a: Katie Ledeky (Nadadora), Chus Lago (Alpinista), Ellen MacArthur (Navegante), Nawal El Moutawakel (Corredora, Lisa Leslie (Baloncestista), Dawn Frase (Nadadora), Nadia Comaneci (Ximnasta), Billie Jean King (Tenista), Lydia Valentín (Halterofilia), Charlotte Cooper (Tenista), Ronda Rousey (Artes marciais), Verónica Boquete (Futbolista), Leanda Cave (Triatleta) e Carolina Marín (Badminton). Colaboraron con Rede Espora neste divertido podcast as seguintes radios escolares: A Caracola Radio do CEIP San Benito de Lérez, Radio Escolar Mosteiro Meis do CPI Mosteiro Meis, A radio do IES A Xunqueira I, Radio Viñas, a radio das nenas e dos nenos de CEIP As Viñas, A voz de Arnaldo de CEIP O Seixo, Radio Coviña do CEIP As Covas, Radio Uvín do CEIP Virxe do Carme, as radios escolares do IES Porto do Son, do CPI Manuel Suárez Marquier, do CEIP Milladoiro, do CEIP Víctor Saenz, do CEIP Ricardo Tobío, do CPI Cabo de Area e Radio Faladoiro do CEIP Torre-Cela.
We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
ABOUT THIS SHOW
Programas adicados ao Día Mundial da Radio que se celebra todos os anos o 13 de febreiro.
HOSTED BY
Rede ESPORA
CATEGORIES
Loading similar podcasts...