EPISODE · Mar 3, 2017 · 1H
1x13 Nigromancia necromántica
from Living Hope Christian Fellowship
Hoxe o noso submariño fixo de ponte entre o mundo da vida e da morte para contactar co mundo do máis alá, o mundo da morte e dos ritos da nigromancia, e izamos o periscopio para exploralo e ver cales son as novas máis nucelares do país de nunca volver. No camiño polo mundo das tenebras, atopamos a Agustín Coello, da asociación Draco, quen falou das xornadas Gygas no Ágora Tenebrae. Tamén atopamos a Lemmy, de Motorhead para saber quen o matou, e foi a morte, como di a súa canción que sonou na nosa radio, "Killed by Death". E como somos xente culta, limos un fragmento do libro "O Que Fala cos Mortos", de Brian Lumley, e mergullámonos nas profundidades da nigromancia para falar de literatura, videoxogos, cine e series mortais de necesidade. Acompañounos a música de: Megadeth, "Duke Nukem Theme" Chiasm, "Isolated" Iron Kingdom, "Voodoo Queen" Morrerás por escoitalo
NOW PLAYING
1x13 Nigromancia necromántica
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Mar 26, 2026 ·1m
Mar 3, 2026 ·44m
Feb 21, 2026 ·30m
Jan 2, 2026 ·47m