disquetoca nº 12 (1.VII.16)
from disquetoca
O pasado venres 1 de Xullo tivemos de novo Disquetoca! Comezamos o programa coa nosa sección "A Peneira" onde o señor Vizoso adicounos unha selección musical moi especial de músicas en feminino, como é habitual. Mais adiante, xunto co noso compañeiro Fran, entrevistamos a Sime, cantante do grupo de street punk vigués Keltoi que levan xa máis de 20 anos na escea musical galega. Falamos do grupo, do seu pasado, do seu presente e do seu futuro. Contounos Sime que en breves sacará a rúa un novo disco do que xa se poderán escoitar algúns temas nos seus vindeiros concertos. Tamén falamos con el da situación musical e política actual de Galiza. E tamén puidemos escoitar dous temas do grupo. E pra rematar comentamos a nosa axenda cultural deses días na cidade. Apresentan: Tania Kasmasan e Ana Lucecú.
Embed this episode
No transcript yet.