disquetoca nº 13 (2. IX. 2016)
from disquetoca
A Disquetoca volta ás ondas filispinianas e o fai cunhas convidadas de luxo!! Na primeira parte do programa contamos no estudio coa fotógrafa Esperanza Váquez Dopico e dous dos seus alumnos, Raul e Roberto, que esa mesma tarde inauguraban unha exposición baixo o título "Improvisando Cedeira" na Fundaçom Artábria, resultado do traballo feito polos seus alumnos nos cursos que vén de impartir nesta localidade. A continuación, visítanos a artista ferrolá afincada en Madrid, Olaia Pazos, que pola noite actuará no Manchita Cosa, presentando o espectáculo "Cadáver Exquisito". Repasamos a súa traxectoria dende moi nova e falamos dos seus últimos traballos no eido da poesía, o teatro, a música e as artes en xeral. E xa na recta final facemos un repaso a axenda dun dos acontecementos mais esperados do verán, As Meninas de Canido, e aproveitamos pra escoitar algo de música da que vai soar por alí. Se non escoitaches o directo a que esperas pra darlle ao play! ;) Apresentan: Tania Kasmasan e Ana Lucecú. Radio Filispím, na 93.9FM
Embed this episode
No transcript yet.