Dº JOÃO II, O Príncipe Perfeito
from UNIVERSO LUSÓFONO
Dº João, alcumado O Príncipe Perfeito, converteuse en Rei de Portugal no 1481 co nome de João II. Concentrou o poder para si mesmo, retirándollo á aristocracia. Nas conspiracións que provocou, suprimiu o poder da casa de Bragança e chegou a apuñalar polas súas propias mans ao seu primo Diogo, Duque de Viseu. Asumiu a dirección da expansión marítima portuguesa iniciada polo seu tio-avo, o Infante D. Henrique, polo que os descobrimentos portugueses serán a sua prioridade gubernamental, así como a procura do camiño marítimo para a Índia. Entre outros feitos destacabeis durante o seu reinado, pódense mencionar: a descuberta da foz do Rio Congo (1484), o cruzamento por vez primeira do Cabo da Boa Esperanza (1484), ou o inicio da colonización das illas de São Tomé e Príncipe. A totalidade das descobertas portuguesas do reinado de João II permanece descoñecida: moita información foi mantida en segredo por razóns políticas, e os arquivos do período foron destruidos no terremoto de Lisboa do 1755. No 1494, a consecuencia da viaxe de Cristóbal Colón, Dº João II negociou o famosoTratado de Tordesillas cos reis católicos. Morreu no ano seguinte sen herdeiros lexítimos, tendo escollido para a sucesión o duque de Beja, seu primo direito e cuñado, que viria a ascender ao trono como D. Manuel I de Portugal.
Embed this episode
No transcript yet.