EPISODE · Sep 24, 2017 · 56 MIN
Efer 405 (24-9-17): Operación Guidoiro Areoso
from Efervesciencia
Nesta hora de radio imos coller pico e pala porque vos invitamos a que nos acompañedes de escavación arqueolóxica. Poñede protector solar, agarrade ben o chapeu pra evitar que saia voando co vento e preparádevos para mollar os pes. O punto de partida é o porto da Ribeira de Chazo na Illa de Arousa onde habemos coller un barco-taxi. Logo de navegar un par de millas con rumbo suroeste desembarcaremos na praia dun pequeno illote deshabitado de apenas 600 m de longo de norte a sur. Tras percorrer apenas 200 m descubriremos un pequeno equipo de arqueólogos traballando arreo nunha mámoa. Eles han de ser o noso contacto. A súa presenza no pequeno illote non é casual. Debaixo das dunas hai un territorio prehistórico case intacto ata o de agora pero que corre perigo de desaparecer por unha acelerada erosión litoral. Quen rematara antes os arqueólogos ou os elementos? Os micros de Efervesciencia hannos levar o penúltimo dia da campaña de escavación 2017 no Ghuidoiro areoso, que promove a Xunta de Galicia. O ecólogo Nacho Munilla explícanos porque un niño de gabita atrasou os plans dos arqueólogos. "Moléculas en Galego" explica a orixe das cores outounais. Eva Rodríguez de SINC conversa co investigador Ramiro Rodríguez Tato que vén de descubrir dous novos crustáceos bentónicos na costa galega.
Embed this episode
NOW PLAYING
Efer 405 (24-9-17): Operación Guidoiro Areoso
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.