Efer 536 (10-12-20): Detección temperá do iceberg de casos ocultos de covid cunha única PCR episode artwork

EPISODE · Dec 21, 2020 · 56 MIN

Efer 536 (10-12-20): Detección temperá do iceberg de casos ocultos de covid cunha única PCR

from Efervesciencia

(0:52) Faraday e o Gran Fedor (5:27) O caganer é a figura máis importante dos beléns de 2020. Un dos problemas fundamentais na xestión da pandemia da covid é anticiparse aos cambios de tendencia. O problema é que existe un número oculto indeterminado de casos que non se detectan no rastrexo coas PCR e test de antíxenos (asintomáticos e casos leves). Un grupo galego interdisciplinario de microbiólogos, matemáticos, químicos e enxeñeiros informáticos vén de validar unha metodoloxía que permite anticiparse dúas semanas á evolución da pandemia. A estratexia foi medir a carga viral mediante PCR das augas residuais da EDAR de Bens na que se recollen as augas da área metropolitana da Coruña (370.000 habitantes dos concellos de A Coruña, Oleiros, Culleredo, Cambre e Arteixo) e crear un modelo matemática que proporciona cun 90% de fiabilidade o número de persoas infectadas. Conversamos coa Margarita Poza (microbióloga no INIBIC e na UdC) e Ricardo Cao (catedrático de estatística e investigación operativa da UdC). (32:29) Inauguramos sección efervescente: “O algoritmo mátame” con Susana Ladra (enxeñeira informática, directora do Campus Innova da UdC) e Leonor Parcero (xestora da Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo e presidenta de Divulgacción). Unha parolada sobre as novísimas tecnoloxías desde o punto de vista técnico pero tamén de impacto na sociedade. Comezamos debullando as aplicación de rastrexo da Covid. www.efervesciencia.org

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Dec 21, 2020

Embed this episode

NOW PLAYING

Efer 536 (10-12-20): Detección temperá do iceberg de casos ocultos de covid cunha única PCR

0:00 56:51

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Efervesciencia?

This episode is 56 minutes long.

When was this Efervesciencia episode published?

This episode was published on December 21, 2020.

Can I download this Efervesciencia episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!