Efer 543 (21-1-21): Pasar de fabricar vacinas veterinarias a humanas para a covid e a tuberculose: Biofabri no Porriño episode artwork

EPISODE · Feb 14, 2021 · 58 MIN

Efer 543 (21-1-21): Pasar de fabricar vacinas veterinarias a humanas para a covid e a tuberculose: Biofabri no Porriño

from Efervesciencia

(3:35) O proxecto CONCISE estudou como inflúe a comunicación científica nas actitudes dos cidadáns ante cuestións como as vacinas, o cambio climático ou as pseudociencias . Conversamos coa catedrática de xornalismo da Universidade de Valencia Carolina Moreno e directora do grupo de investigación Science Flows (20:54) O director do Museo de Historia Natural da USC Marcos González convídanos á exposición virtual “A ciencia en imaxe” (23:04) Non todas as vacinas se desenvolven á “velocidade da luz” como é o caso das vacinas da covid. O grupo de Carlos Martín, catedrático da Universidade de Zaragoza, leva dúas décadas desenvolvendo unha nova vacina contra a tuberculose, a MTBVAC en consorcio con Biofabri, do grupo biofarmacéutico Zendal no Porriño. Falamos dos últimos resultados de MTBVAC con Carlos Martín e Esteban Rodríguez, director xeneral de Biofabri. MTBVAC amosa protección en macacos contra a tuberculose transmitida de forma respiratoria por aerosois. Ademais veñen de demostrar en ratos que esta vacina cura o asma. Para poder realizar o estudo en fase III en adultos desta vacina precísanse 200 millóns de euros. Por outro lado, Esteban Rodríguez cóntanos como é a transición de Biofabri para pasar de producir vacinas veterinarias a vacinas humanas. Biofabri fabrica xa o antíxeno da vacina da covid de Novavax para fornecer en Europa esta vacina, e está a preparar lotes para as fases clínicas das vacinas do CSIC de Mariano Esteban e Vicente Larraga. (44:17) Rocío González e David Ballesteros preséntannos a nova tempada de Aquelando na TVG2. www.efervesciencia.org

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Feb 14, 2021

Embed this episode

NOW PLAYING

Efer 543 (21-1-21): Pasar de fabricar vacinas veterinarias a humanas para a covid e a tuberculose: Biofabri no Porriño

0:00 58:17

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Efervesciencia?

This episode is 58 minutes long.

When was this Efervesciencia episode published?

This episode was published on February 14, 2021.

Can I download this Efervesciencia episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!