EPISODE · Jul 19, 2023 · 56 MIN
Efer 636 (31-5-23): X-Scape, mentes materiais
from Efervesciencia
Modifican os mundos que construímos as nosas mentes e como procesamos a información? É posible que as estruturas materiais dos nosos asentamentos, edificios e artefactos cambien activamente os nosos patróns de pensamento e accións? Nesta edición efervescente imos debullar o proxecto "X-Scape, Mentes materiais: Estudo das interaccións entre o cerebro preditivo, os artefactos culturais e a exploración visual". Unha iniciativa de ciencia de vangarda en humanidades liderada desde Santiago polo INICIPIT, o Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC. X-Scape recibiu 10 millóns de euros do consello Europeo de Investigación. Conversaremos con Felipe Criado (director do INCIPIT) e Luis Otero (Instituto de Neurociencia de Alacant). Tamén asistiremos á realización dun dos seus experimentos con María Silva e Jina Zagui. www.efervesciencia.org
NOW PLAYING
Efer 636 (31-5-23): X-Scape, mentes materiais
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.