EPISODE · Feb 14, 2015 · 56 MIN
"El amor y Margarita", o novo libro do profesor Javier Pérez Carrasco, no Sombreiro.
from Podcast O Sombreiro de Merlín
Este sábado, en O Sombreiro de Merlín, presentamos "El amor y Margarita ", de Javier Pérez Carrasco, catedrático de Filosofía no IES Lamas de Abade. O libro é un diálogo a tres voces sobre a condición do amor, nunha conversa viva e moi actual, con referencias literarias e filosóficas, onde é obrigado destacar a figura de Ortega y Gasset e a súa ollada sobre o amor coma marco teórico. O libro foi presentado o pasado xoves, 5 de febreiro, na Galería Sargadelos, en Compostela. Isto e moito máis, falarémolo co seu autor, hoxe entre as 12.00 a 13.00h, en Radio Obradoiro, con Alicia López. No estudio acompañarannos tamén colaboradores e seccións habituais: Manuela Arcos e Manuel Fernández para "O Marcapáxinas", Andrea Barreira co "Triquitraque", e Susana Vázquez Pereira que segue a contarnos peculiaridades do mundo dos artistas. Pechamos con música, e neste día dos namorados eliximos un bolero, "No sé porqué te quiero", nas voces de Ana Belén e Antonio Banderas. Feliz e romántica fin de semana!!
Embed this episode
Ready to play
"El amor y Margarita", o novo libro do profesor Javier Pérez Carrasco, no Sombreiro.
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.