EPISODE · Oct 19, 2015 · 57 MIN
Emmanuelle Janisz, da Escola de Música Berenguela, Alberto Sueiro presenta o FIOT, e Alez Salgueiro anúncianos Elementa!
from Podcast O Sombreiro de Merlín
Hoxe madrugamos moito porque a nosa directora váisenos de "Feira de Inventores" con Xosé Poldras a Área Central. E por aquí que contamos? Pois que imos de concerto e teatro! Temos convidada a Emmanuelle Janisz, excepcional pianista que imparte en Berenguela un "Aula de Escoita e Comprensión Musical para adultos", se queredes amar a música aínda máis, apuntádevos a esta aula, é a mellor! Falaremos asimesmo de Teatro, do FIOT, Festival Internacional de Carballo con Alberto Sueiro, as mellores compañías e artistas das artes escénicas encherán todos os espazos de Carballo co mellor teatro do mundo; non falledes, que é aquí, na nosa terra! E máis estreas: o músico Alex Salgueiro ven presentar un espectáculo innovador que se estrea no Salón Teatro este martes 20, ás 20:30hs. "Elementa!" Así se titula esta representación que aúna música, escea, e coreografía. Os compositores, tamén galegos e dos mellores: Fernando Buide e Federico Mosquera. A entrada é de balde a recoller unha hora antes na taquilla! Compostela e Galicia cultural, traémovola nós! Completamos programa coa poesía da nosa rapsoda favorita. Carol Bret, puro sentimento para os versos de Pizarnik; e con Manuel Fernández festexaremos o Nobel de Literatura para a escritora e xornalista bielorrusa Svetlana Alexiévich. Unha fonda aperta a tod@s!
Embed this episode
NOW PLAYING
Emmanuelle Janisz, da Escola de Música Berenguela, Alberto Sueiro presenta o FIOT, e Alez Salgueiro anúncianos Elementa!
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.