Entrevista a María Sol Morandeira Morandeira 04 06 26 episode artwork

EPISODE · Jun 4, 2026 · 17 MIN

Entrevista a María Sol Morandeira Morandeira 04 06 26

from Radio Líder

Guitiriz combinará música e tradición na Festa da Torta do Millo co apoio da Deputación A Deputada de Muller e Igualdade e Alcaldesa de Guitiriz participou este luns na presentación da novena edición desta cita gastronómica, que se celebrará o vindeiro 7 de xuño e contará coas actuacións de Sheila Patricia e o dúo Caamaño & Ameixeiras A Deputada de Muller e Igualdade e Alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira Morandeira participou este luns na Casa da Habanera guitiricense na presentación da IX Festa da Torta de Millo, que se celebrará o vindeiro 7 de xuño no Campo da Feira e que volverá converter o municipio nun referente da gastronomía tradicional galega. A cita conta co apoio da Deputación, que achega preto de 40.000 euros a través do Plan Deputación 2026, e ofrecerá unha programación na que se combinarán música, cultura e degustacións arredor dun dos doces máis representativos da comarca chairega. Durante a presentación, Morandeira destacou que “a torta de millo de Guitiriz representa o sabor da tradición, pero tamén a capacidade de transformar un produto artesanal nun símbolo recoñecido dentro e fóra de Galicia”. Subliñou ademais que esta festa “é un exemplo de como a gastronomía pode converterse nun motor de promoción turística, dinamización económica e orgullo colectivo”. E engadiu a Deputada que “a combinación de cultura, música e gastronomía fai desta cita un atractivo turístico de primeiro nivel para a Terra Chá e para toda a provincia”. Morandeira puxo tamén en valor “o traballo dos negocios e obradoiros artesáns que, xeración tras xeración, mantiveron viva unha receita única ata convertela nun dos sinais de identidade de Guitiriz”. A programación desta novena edición contará coas actuacións de Sheila Patricia e do dúo Caamaño & Ameixeiras, dous dos nomes máis destacados da música galega actual. Ademais da tradicional degustación e venda da torta de millo, haberá obradoiros, exposicións, xogos populares e postos de polbo á feira, nunha xornada pensada para todos os públicos.

NOW PLAYING

Entrevista a María Sol Morandeira Morandeira 04 06 26

0:00 17:00

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Radio Líder?

This episode is 17 minutes long.

When was this Radio Líder episode published?

This episode was published on June 4, 2026.

What is this episode about?

Guitiriz combinará música e tradición na Festa da Torta do Millo co apoio da Deputación A Deputada de Muller e Igualdade e Alcaldesa de Guitiriz participou este luns na presentación da novena edición desta cita gastronómica, que se celebrará o...

Can I download this Radio Líder episode?

Yes, you can download this episode by clicking the download button on the episode player, or subscribe to the podcast in your preferred podcast app for automatic downloads.
URL copied to clipboard!