Entrevista a Mónica Rodríguez Ordóñez Vimianzo celebra O Asalto ao Castelo o 3 e 4 de Xullo 02 07 26. episode artwork

EPISODE · Jul 2, 2026 · 16 MIN

Entrevista a Mónica Rodríguez Ordóñez Vimianzo celebra O Asalto ao Castelo o 3 e 4 de Xullo 02 07 26.

from Radio Líder

Vimianzo celebra O Asalto ao Castelo o 3 e 4 de Xullo Chega a edición número 29 do Asalto ao Castelo a Vimianzo A organización do Asalto ao Castelo de Vimianzo fecha a súa proposta artística para a 29ª edición sumando aos valencianos Los de Marras e os galegos Quinkillada e Festicultores. Con eles, complétase un potente cartel con grandes referentes como ETS (En Tol Sarmiento), Dakidarria, De Ninghures ou Che Sudaka. Sen esquecer as novas promesas de Ulex e a festa da Yaya Dj. Os novos irmandiños A principal novidade estatal son Los de Marras. A banda valenciana, nada en 1995, chega a Vimianzo co seu autodenominado estilo “guarrocanrol”. Con letras directas e viscerais que falan de problemas sociais e sentimentos a flor de pel, o grupo é xa todo un clásico. Tralo éxito de discos como Surrealismo ou Peligro Esperanza, aterran no Asalto para presentar o seu último traballo, A organización do Asalto ao Castelo de Vimianzo fecha a súa proposta artística para a 29ª edición sumando aos valencianos Los de Marras e os galegos Quinkillada e Festicultores. Con eles, complétase un potente cartel con grandes referentes como ETS (En Tol Sarmiento), Dakidarria, De Ninghures ou Che Sudaka. Sen esquecer as novas promesas de Ulex e a festa da Yaya Dj. principal novidade estatal son Los de Marras. A banda valenciana, nada en 1995, chega a Vimianzo co seu autodenominado estilo “guarrocanrol”. Con letras directas e viscerais que falan de problemas sociais e sentimentos a flor de pel, o grupo é xa todo un clásico. Tralo éxito de discos como Surrealismo ou Peligro Esperanza, aterran no Asalto para presentar o seu último traballo, «Resumiendo…» Completan o cartel dúas propostas galegas máis. Por un lado, Quinkillada, a banda morracense que sintetiza a alma da festa galega. Transitando pola cumbia, o rock e o ska, o grupo transformará o campo da Torre nunha pista de baile co seu repertorio enérxico e auténtico. Por outro, os míticos Festicultores Troupe, que dende 2005 levan cultivando a “festicultura” en máis dun milleiro de actuacións. Coa súa estética de vangarda e o seu “artefacto sonoro de tecnoloxía punta alieníxena”, volven a Vimianzo para liderar unha revolución de baile e humor no longo fin de festa. Con estas incorporacións, o 29º Asalto ao Castelo fecha o rebelde elenco para os días 3 e 4 de xullo: En Tol Sarmiento: A banda máis escoitada en euskera e que enche estadios. Dakidarría: A descarga de enerxía e compromiso da banda histórica do panorama galego. Che Sudaka: A “punk reggae party” internacional dende Barcelona. De Ninghures: A excelencia da nova música tradicional galega (Premio Martín Códax 2025). Ulex: Grupo revelación con fusión rock e cumbia desde Compostela. Yaya DJ: Unha aposta segura pola festa e o baile. Aínda que a distribución por días manterase en segredo até completar todos os nomes, dende a organización —composta polas asociacións Cherinkas e AXVALSO xunto ao Concello de Vimianzo— apostan por un festival de dous días, o 3 e o 4 de xullo, onde tanto o venres como o sábado contarán con cabezas de cartel de primeiro nivel. ️ Información importante: Abonos e Accesos Lembra que esta edición trae novidades para mellorar a túa experiencia: Entrada necesaria: Para acceder ao recinto de concertos (tanto venres como sábado) será preciso dispor de entrada ou abono. Distribución por días: Manteremos o segredo un pouco máis, pero asegurámosche que tanto o venres 3 como o sábado 4 teremos cabezas de cartel de primeiro nivel. Abonos: Xa están á venda as entradas por días (venres e sábado) así como os abonos xerais para vivir a experiencia completa desta Festa de Interese Turístico de Galicia. MERCA AQUÍ A TÚA ENTRADA PARA O ASALTO 2026

NOW PLAYING

Entrevista a Mónica Rodríguez Ordóñez Vimianzo celebra O Asalto ao Castelo o 3 e 4 de Xullo 02 07 26.

0:00 16:39

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Radio Líder?

This episode is 16 minutes long.

When was this Radio Líder episode published?

This episode was published on July 2, 2026.

What is this episode about?

Vimianzo celebra O Asalto ao Castelo o 3 e 4 de Xullo Chega a edición número 29 do Asalto ao Castelo a Vimianzo A organización do Asalto ao Castelo de Vimianzo fecha a súa proposta artística para a 29ª edición sumando aos valencianos Los de...

Can I download this Radio Líder episode?

Yes, you can download this episode by clicking the download button on the episode player, or subscribe to the podcast in your preferred podcast app for automatic downloads.
URL copied to clipboard!