Entrevista - Valentín González Formoso - 23-05-2025 episode artwork

EPISODE · May 23, 2025 · 25 MIN

Entrevista - Valentín González Formoso - 23-05-2025

from Radio Eume - As Pontes · host RTV Eume

Entrevista realizada ao alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, o venres 23 de maio de 2025Nesta entrevista comentamos co alcalde diversos temas de actualidade referentes ao Concello das Pontes e a súa área de influencia; como as demandas á Xunta de Galicia por parte do Concello, conxuntamente co tecido empresarial, industrial e comercial das Pontes dun novo reparto máis xusto e equitativo dos fondos de Transición Xusta.Tamén comentamos a recente visita do rexedor pontés ao País Vasco para reunirse con José Antonio Jainaga, Presidente de Sidenor, que recentemente adquiriu a empresa pontesa Arteixo Telecom. Neste encontro o grupo empresarial vasco garantiu a continuidade da actividade industrial e por ende dos traballadores e traballadoras da empresa con sede no noso Concello.E de emprego falou tamén o alcalde das Pontes tralo encontro que tiña lugar nas instalacións da Asociación Seara entre os representantes do tecido industrial pontés co Presidente de NAVANTIA que vén de informar que contan cunha previsión de máis de 9000 postos de traballo directos para os vindeiros 15 anos tralos recentes contratos co Ministerio de Defensa por parte do estaleiro.Outro dos aspectos tratados na entrevista foron as obras de mellora de diversos vieiros da vila. Un total de 6 millóns de euros entre obras xa adxudicadas e outras pendentes de adxudicación que, en palabras do propio alcalde, mellorarán a funcionalidade e estética da vila, ademáis de reverter positivamente na economía circular das Pontes.Amáis diso, o alcalde das Pontes debullou máis polo miúdo a recente adxudicación do Servizo de Axuda no Fogar, a publicación das axudas para as entidades sociais neste 2025, ou a recente ampliación de servizos á cidadanía con ese novo terminal electrónico para a renovación dos certificados dixitais, situado nas dependencias da Policía Local das Pontes.

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published May 23, 2025

Embed this episode

Ready to play

Entrevista - Valentín González Formoso - 23-05-2025

0:00 25:38

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Radio Eume - As Pontes?

This episode is 25 minutes long.

When was this Radio Eume - As Pontes episode published?

This episode was published on May 23, 2025.

Can I download this Radio Eume - As Pontes episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!