Skip to content
Ep.23: A Expedición Balmis episode artwork

EPISODE · Apr 30, 2018 · 58 MIN

Ep.23: A Expedición Balmis

from Habitando · host Arquitectura Sen Fronteiras Galicia

Dende principios do curso a materia Didáctica dás Ciencias Sociais II do Grao en Educación Primaria da Facultade de Educación da UDC desenvolveu o proxecto O noso espazo, cerna dá expedición dá varíola. Baixo a coordinación dos docentes Begoña Bas López e Roberto García Morís o seu alumnado, futuros mestres e mestras, traballan nesta materia de carácter anual todo o relativo á ensino aprendizaxe das Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, no ensino primario. A Expedición Balmis, que partiu en 1803 do porto da Coruña para achegar a vacina da varíola a América, resultou unha temática que permitiu traballar dúas coordenadas básicas nas Ciencias Sociais: o tempo e o espazo. Ademais, permitiu incorporar os problemas sociais relevantes no ensino da Historia e visibilizar o papel das mulleres e os nenos e nenas, así como traballar a contorna urbana próxima. É dicir, unha temática que incorporou múltiples miradas e permitiu exemplificar os actuais enfoques da Didáctica das Ciencias Sociais. Tras todo o curso traballando, a última actividade consistiu nun roteiro pola cidade o na que o alumnado do Grao en Educación Primaria acompañou guiou a grupos de estudantes de secundaria do I.E.S Menéndez Pidal da Coruña. E para rematar, os nenos e nenas do grupo de teatro do CEIP Labarta Pose de Baio, dirixido por Sinda Cundíns, puxeron un colofón maravilloso representando o seu musical sobre a Expedición Balmis no Paraninfo do Reitorado da UDC. Neste episodio contamos coas voces de todos e todas as protagonistas: profesorado, alumnado, menos e nenas. Cómo xurdiu o proxecto, cómo se desenvolveu e o resultado final. Os problemas habidos e as aprendizaxes obtidas. Moitas grazas a todos e todas elas. Ligazóns de interese: Libro Os nenos da variola de María Solar Créditos Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons. A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II Subscrición Feed | iTunes | iVoox Contacto gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Apr 30, 2018

Embed this episode

Ready to play

Ep.23: A Expedición Balmis

0:00 58:08

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Habitando?

This episode is 58 minutes long.

When was this Habitando episode published?

This episode was published on April 30, 2018.

Can I download this Habitando episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!