Skip to content
Ep.24: Ludantia 2018 episode artwork

Jun 9, 2018

Ep.24: Ludantia 2018

from Habitando Hosted by Arquitectura Sen Fronteiras Galicia

Do 10 ao 12 de maio celebrouse no Pazo dá Cultura de Pontevedra a primeira edición de Ludantia, bienal internacional de educación en arquitectura para a infancia e a mocidade. Ata alí achegámonos un nutrido grupo de Arquitectura Sen Fronteiras para descubrir moito do que se está realizando neste campo en todo o mundo. Gravadora en man, charlamos con varios e varias dos seus protagonistas. Con Francesco Tonucci, referente para a práctica totalidade de proxectos presentados. Con Santiago Atrio, presidente do comité científico da bienal. Con Camila Estigarribia e Mireya do Colectivo Surgente, gañadoras co seu proxecto Escaleira da quinta rúa en Caracas, Venezuela. E tamén con Virginia Navarro, que xunto a Xosé Manuel Rosales e Jorge Raedó organizou esta bienal. As conferencias terminaron pero Ludantia continuará ata o 17 de xuño coas súas exposicións: a Expo-activa deseñada por Maushaus na que se pode xogar con dispositivos relacionados coa arquitectura, e os proxectos presentados á bienal xunto cunha sección específica de Colombia, país invitado. E a Golden Cubes, exposición dos proxectos premiados pola Unión Internacional de Arquitectos na súa sección de infancia. Ligazóns de interese: Web de Ludantia Proxectos educativos Exposicións Créditos Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons. A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II Mirade Para O Meu Pequeno, En casa del Herrero, álbum Tradición Subscrición Feed | iTunes | iVoox Contacto gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook

Episode details come from the podcast's RSS feed.

Embed this episode

Ready to play

Ep.24: Ludantia 2018

No transcript yet.

Requests help us decide what to transcribe next.

Frequently asked questions

When was this Habitando episode published?

This episode was published on June 9, 2018.

Can I download this Habitando episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.