Ep.43: Atención á Diversidade na UDC
from Habitando Hosted by Arquitectura Sen Fronteiras Galicia
Hoxe 3 de decembro celébrase o Día Mundial das Persoas con Discapacidade. Nós queremos celebralo falando de atención á diversidade con Sonia Seijas. Sonia traballa dende o seu inicio, hai xa 19 anos, na Unidade de Atención á Diversidade da Universidade da Coruña, na que ten establecido unha rede de traballo con persoas das distintas facultades e escolas para estar presentes en todos os centros. Traballan na inclusión, na formación, orientación e difusión da realidade de persoas con discapacidade ou necesidades específicas de apoio educativo (NEAE). Os inicios, como se organizan, os problemas, resistencias e aliadas que atopan, as aspiracións de futuro e moito máis nunha conversa que se nos fixo moi curta. Contacto: Web: https://www.udc.es/es/cufie/ADI/ Enderezo: Edificio Xoana Capdevielle, Campus de Elviña, s/n, 15071 A Coruña Email: [email protected] Teléfonos: 881 015 622 / 881 015 623 Ligazóns de interese: Vídeo sobre diversidade comentado no podcast Vídeo da ADI-UDC sobre o día internacional das persoas con discapacidade 2023 Créditos Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons. A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II Subscrición Feed | Apple Podcast | iVoox | Spotify Contacto galicia[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook
Embed this episode
No transcript yet.