FALA QUE FALA 24 03 26 DESDE RIBADAVIA 24 03 26 episode artwork

EPISODE · Mar 24, 2026 · 2H 1M

FALA QUE FALA 24 03 26 DESDE RIBADAVIA 24 03 26

from Radio Líder

Radio Líder leva este martes o “Fala que Fala” ao IES O Ribeiro de Ribadavia Ribadavia acolle este martes 24 de marzo unha nova parada de “Fala que Fala”, o formato especial de Radio Líder que xa se consolidou como unha referencia na promoción do galego entre a mocidade. Tras o seu paso polo IES Luis Seoane de Pontevedra, o CPI Virxe da Saleta de San Cristovo de Cea, o IES Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos, o IES Cacheiras de Teo e o IES Castelao de Vigo, o programa chega agora ao IES O Ribeiro, en Ribadavia, para celebrar a súa sexta edición. O espazo, realizado en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, emitirase entre as 10:00 e as 12:00 horas nunha edición especial chea de música, humor, entrevistas, xogos e unha destacada participación do alumnado. Durante dúas horas, o centro educativo converterase nun punto de encontro arredor da lingua galega, cunha proposta dinámica e participativa pensada para gozar, compartir e poñer en valor o noso idioma. Nesta ocasión, a convidada de honra será María del Pilar Núñez, directora do Museo Etnolóxico de Ribadavia, que protagonizará unha das entrevistas do programa, realizada por parte do alumnado do centro. Con esta nova cita, “Fala que Fala” continúa o seu percorrido por distintos puntos de Galicia, reforzando o seu papel como proxecto de referencia na difusión, promoción e prestixio do galego entre as novas xeracións. O evento conta coa colaboración de Seguridade A1, Daveiga e Dezasete Media

NOW PLAYING

FALA QUE FALA 24 03 26 DESDE RIBADAVIA 24 03 26

0:00 2:01:57

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Radio Líder?

This episode is 2 hours and 1 minute long.

When was this Radio Líder episode published?

This episode was published on March 24, 2026.

What is this episode about?

Radio Líder leva este martes o “Fala que Fala” ao IES O Ribeiro de Ribadavia Ribadavia acolle este martes 24 de marzo unha nova parada de “Fala que Fala”, o formato especial de Radio Líder que xa se consolidou como unha referencia na promoción do...

Can I download this Radio Líder episode?

Yes, you can download this episode by clicking the download button on the episode player, or subscribe to the podcast in your preferred podcast app for automatic downloads.
URL copied to clipboard!