Fene vive unha fin de semana con dobre cita: regresa o Outlet do Comercio e a música do festival Fene Rock episode artwork

EPISODE · Sep 3, 2025 · 8 MIN

Fene vive unha fin de semana con dobre cita: regresa o Outlet do Comercio e a música do festival Fene Rock

from Voces de Ferrol - RadioVoz

Fene prepárase para unha fin de semana cargada de música e boas oportunidades de compra coa celebración do Fene Rock e do Outlet do Comercio Local, dous eventos que encherán de vida o municipio entre os días 5, 6 e 7 de setembro. O Outlet Fene, organizado polo Concello en colaboración coa Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos O Cruceiro e co apoio económico da Deputación da Coruña, converterá as rúas do municipio nun gran escaparate de ofertas. O horario será de 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas o venres e sábado, e de 11.00 a 13.30 horas o domingo. Durante estes días, o público poderá atopar produtos a prezos rebaixados e gozar dun ambiente festivo cos comercios participantes: A Tenda Agasallos, Arrecendo Galego, Berline Boutique, Bualá, Cafetería CMIU Fene, Calzados Locay, Cáprica Cómics e Xogos, Costuras Mercería e Lencería, DaMa Fene, El Baúl de Bego, Jomer, Kenia Fene, Koralli Boutique, Lencería Loly Calvo, Lualé 114, Más Sport, Mayka Moda, Mi Pachu e Un Pedacito de Mí. Algúns establecementos preparan ademais promocións especiais: o CMIU Fene ofrecerá unha ración de 10 aletas de polo barbacoa con patacas a 5 euros, mentres que Arrecendo Galego organizará sorteos de cestas e vales para ceas o venres e sábado ás 21.30 horas. En paralelo, a música tamén será protagonista cunha nova edición do Fene Rock, festival que volverá converter a ría de Ferrol nun punto de encontro para os amantes do rock, completando así unha fin de semana que mestura cultura, lecer e dinamización do comercio local.

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Sep 3, 2025

Embed this episode

NOW PLAYING

Fene vive unha fin de semana con dobre cita: regresa o Outlet do Comercio e a música do festival Fene Rock

0:00 8:56

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Voces de Ferrol - RadioVoz?

This episode is 8 minutes long.

When was this Voces de Ferrol - RadioVoz episode published?

This episode was published on September 3, 2025.

Can I download this Voces de Ferrol - RadioVoz episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!