Skip to content
Ferrol convida a descubrir a flora e a fauna dos seus xardíns históricos nun paseo guiado gratuíto da SGHN episode artwork

EPISODE · Oct 13, 2026 · 15 MIN

Ferrol convida a descubrir a flora e a fauna dos seus xardíns históricos nun paseo guiado gratuíto da SGHN

from Voces de Ferrol - RadioVoz

A Alameda e os xardíns históricos de Ferrol serán os protagonistas dunha nova edición de «Lendo a natureza», un paseo guiado organizado por naturalistas da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) para descubrir a riqueza natural destes espazos urbanos. A actividade celebrarase o sábado 17 de outubro, con saída ás once da mañá desde a praza de As Angustias. O percorrido, de 2,87 quilómetros e dificultade baixa, permitirá coñecer a flora e a fauna que comparten algúns dos xardíns máis antigos da cidade, incluída a primeira alameda de Galicia. A camiñada rematará arredor das dúas da tarde. A iniciativa forma parte do programa «A Biblioteca sae ao Medio» e é gratuíta, aínda que require inscrición previa. As prazas están limitadas a vinte participantes, ademais da persoa guía. Para anotarse, cómpre enviar un correo electrónico a [email protected] indicando nome, apelidos e DNI, datos necesarios para tramitar o seguro de responsabilidade civil. Os menores deberán acudir acompañados dunha persoa adulta. A organización recomenda levar roupa e calzado cómodos, auga e protección solar se a meteoroloxía o aconsella.

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Oct 13, 2026

Embed this episode

Ready to play

Ferrol convida a descubrir a flora e a fauna dos seus xardíns históricos nun paseo guiado gratuíto da SGHN

0:00 15:48

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Voces de Ferrol - RadioVoz?

This episode is 15 minutes long.

When was this Voces de Ferrol - RadioVoz episode published?

This episode was published on October 13, 2026.

Can I download this Voces de Ferrol - RadioVoz episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!