EPISODE · Mar 6, 2026 · 13 MIN
Ferrol convoca a manifestación do 8M para reivindicar feminismo, soberanía, coidados dignos e dereitos para as mulleres
from Voces de Ferrol - RadioVoz
Ferrol acollerá este 8 de marzo unha manifestación con motivo do Día Internacional das Mulleres Traballadoras. A mobilización, convocada pola Marcha Mundial das Mulleres, partirá ás 19.00 horas da Praza de Amada García baixo o lema “Feminismo é revolución: terra viva, pobos libres, vidas dignas”. A convocatoria enmárcase nun contexto que as organizadoras cualifican de crise global do sistema capitalista, con aumento do militarismo, das desigualdades e da precariedade. Desde o movemento feminista denuncian que o incremento do gasto militar e as políticas económicas actuais conviven coa falta de investimento en servizos públicos, afectando especialmente ás mulleres. Tamén sinalan a situación de Galicia nun modelo económico dependente, que precariza o emprego e intensifica a explotación do territorio. A crise do custo da vida, a sobrecarga dos coidados e a defensa da soberanía alimentar e do territorio serán outros eixos centrais da mobilización. A Marcha Mundial das Mulleres defende un feminismo internacionalista, antirracista e popular que aposta por transformar o sistema para garantir igualdade real, dereitos sociais e vidas dignas.
Embed this episode
NOW PLAYING
Ferrol convoca a manifestación do 8M para reivindicar feminismo, soberanía, coidados dignos e dereitos para as mulleres
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.