EPISODE · Oct 7, 2026 · 15 MIN
Ferror Records celebra o domingo en Canido once anos de música independente, autoxestión e apoio á escena local ferrolá
from Voces de Ferrol - RadioVoz
Ferror Records celebra este domingo 11 de outubro no Centro Cívico de Canido o seu XI aniversario cunha xornada dedicada á música e á cultura independente. O selo ferrolán, nacido en 2015, chega aos once anos con máis de 200 referencias editadas e unha traxectoria marcada pola autoxestión, a edición física e o apoio a bandas e proxectos emerxentes. A programación comezará ás 13:30 horas e incluirá os directos de Dogo, Nöwan, Furada e Replicantes, xunto ás sesións en vinilo de Ferror DJs e Cristy DJ. A proposta completarase coa oferta gastronómica de Misco-Midas Foodtruck. Durante estes once anos, Ferror Records converteuse tamén nun punto de encontro para músicos, deseñadores, fotógrafos, salas, colectivos e público arredor da escena alternativa galega.
Embed this episode
Ready to play
Ferror Records celebra o domingo en Canido once anos de música independente, autoxestión e apoio á escena local ferrolá
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.