Galicia impulsa un cribado pioneiro de cancro de próstata con resultados esperanzadores en Ferrol episode artwork

EPISODE · Sep 8, 2025 · 17 MIN

Galicia impulsa un cribado pioneiro de cancro de próstata con resultados esperanzadores en Ferrol

from Voces de Ferrol - RadioVoz

Galicia converteuse nunha das rexións pioneiras en Europa na posta en marcha dun programa piloto de cribado de cancro de próstata. A iniciativa, que arrancou en xuño de 2024 na área sanitaria de Ferrol, xa permitiu detectar dous de cada tres casos en fases iniciais, o que supón un importante avance no diagnóstico temperán dunha enfermidade que causa arredor de 500 falecementos ao ano na comunidade. Nunha entrevista en Radio Voz, o xefe do Servizo de Detección Precoz de Enfermidades da Consellería de Sanidade, Ángel Amorín, destacou que o obxectivo do programa é “mellorar o prognóstico, reducir a mortalidade e incrementar a supervivencia, detectando a enfermidade nun estadio precoz”. O cribado baséase na proba de PSA (antíxeno prostático específico), pero nun marco organizado que minimiza riscos de falsos positivos e tratamentos innecesarios. Os homes de entre 50 e 69 anos reciben unha invitación vía SMS ou carta, e, se aceptan, sométense a unha simple analítica de sangue. En caso de valores elevados, o proceso continúa cunha estratificación do risco e consultas en Uroloxía. Na primeira fase do proxecto foron convocados 12.000 homes, dos que participaron 5.000 (41,4%), unha cifra lixeiramente inferior á esperada pero comparable á doutras campañas preventivas. Sanidade prevé agora enviar 9.000 novas invitacións ata setembro de 2026, co obxectivo de alcanzar a case a metade da poboación masculina de 50 a 69 anos da área de Ferrol. O proxecto forma parte dun consorcio internacional, con experiencias paralelas en Irlanda, Polonia, Lituania e Manresa. A elección de Ferrol, explicou Morín, responde á súa dimensión axeitada e á disposición do persoal sanitario da zona para pilotar a iniciativa. “Trátase dunha oportunidade individual e colectiva”, subliñou Amorín, quen animou aos homes chamados a participar: “A detección precoz garante un mellor prognóstico e maior supervivencia, e faino cun sistema que minimiza biopsias innecesarias. Ademais, a súa colaboración contribúe a xerar evidencia científica que poderá beneficiar a moitos outros homes no futuro”. O programa continuará en avaliación ata 2026, cando se decidirá se se amplía ao conxunto de Galicia.

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Sep 8, 2025

Embed this episode

NOW PLAYING

Galicia impulsa un cribado pioneiro de cancro de próstata con resultados esperanzadores en Ferrol

0:00 17:45

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Voces de Ferrol - RadioVoz?

This episode is 17 minutes long.

When was this Voces de Ferrol - RadioVoz episode published?

This episode was published on September 8, 2025.

Can I download this Voces de Ferrol - RadioVoz episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!