EPISODE · Dec 3, 2019 · 24 MIN
HISTORIA DE GALICIA 15. Os Castro e a nova nobreza trastámara.
from A GALIZA e o GALEGO
Novo capítulo do programa "Polos camiños da historia", emitido no ano 2018 na Radio Galega, sobre a historia propia da Galiza, relatado polo historiador Anselmo López Carreira nun formato de entrevista radiofónica que debulla o capítulo en cuestión conforme ás preguntas do xornalista Xosé Manuel Vega. Neste capítulo fálase da importancia dos CASTRO, Condes de Lemos, Trastámara, Bierzo e Cabreira, así como Pertigueiros (comandantes militar-policial-xudicial) da Terra de Santiago e comendador (comandante militar) da cidade de Lugo. Eran, sen dúbida, a casa nobre máis importante do reino galego no século XIX. Tiñan intereses e influencia transfronteirizas, quer na Coroa de Castela, quer na Portuguesa. No conflicto pola sucesión ao trono, tanto nunha Coroa como na outra, tomaron partido polos bandos que resultaron finalmente perdedores, o que acabou por ocasionar a súa caída en desgracia, e a introdución dunha nova nobreza de segunda fila (os Andrade, os Moscoso, etc...), beneficiaria da nova dinastía real...
Embed this episode
NOW PLAYING
HISTORIA DE GALICIA 15. Os Castro e a nova nobreza trastámara.
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.