EPISODE · Dec 3, 2019 · 24 MIN
HISTORIA DE GALICIA 17. Os Reis católicos e a "doma" do Reino da Galiza.
from A GALIZA e o GALEGO
Novo capítulo do programa "Polos camiños da historia", emitido no ano 2018 na Radio Galega, sobre a historia propia da Galiza, relatado polo historiador Anselmo López Carreira nun formato de entrevista radiofónica que debulla o capítulo en cuestión conforme ás preguntas do xornalista Xosé Manuel Vega. Neste capítulo fálase das repercusións da nova guerra civil na Coroa de Castela e o posterior ascenso ao trono de Isabel "la católica" en detrimento de Joana "la Beltraneja", casada co Rei de Portugal. Unha vez no asentados no trono, os Reis Católicos van reprimir ("decapitar") aos nobres galegos que se lle opoñían, o que vai implicar unha segunda onda de derrubamentos dos poucos castelos que se comezaran a reconstruir despois de finalizada a Grande Rebelión Irmandiña. Isto, xunto co masivo derrocamento da fortalezas na anterior etapa irmandiña, é a explicación de que case non haxa fortalezas medievais na Galiza.
Embed this episode
NOW PLAYING
HISTORIA DE GALICIA 17. Os Reis católicos e a "doma" do Reino da Galiza.
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.