EPISODE · Mar 28, 2015 · 57 MIN
Hoxe, no Sombreiro, contaremos con Juan Besada e con María Díaz, de MSF
from Podcast O Sombreiro de Merlín
Este sábado, a partires das 12.00 horas en Radio Obradoiro, presentaremos poemario no Sombreiro de Merlín con Juan Besada, e falaremos de novo con "Médicos sen Fronteiras" na nosa colaboración habitual con esta ONG. Comezaremos programa cunha conversa telefónica con María Díaz, de Médicos sen Fronteiras, para facer unha valoración crítica á reposta global ao ébola, ao cumprirse un ano xa do brote máis mortal da historia, á vez que faremos unha análise do conflicto sirio, que se alonga xa por máis de catro anos, e as dificultades de MSF para acceder coa súa axuda humanitaria á poboación. Coma sempre a nosa gratitude e recoñecemento aos profesionais desta ONG e a súa digna laboura. Continuaremos coa presentación do poemario, "La piel encendida", do poeta Juan Besada, editado por "Cuadernos del Laberinto", na súa colección "Anaquel de poesía" con prólogo de Elena Orive. Co seu autor iremos desgranando o fío conductor da paisaxe do corpo e o erotismo versificado que nos achega este poeta compostelán, ao longo dun introito, catorce poemas encadeados e unha adenda. Parabéns e grazas ao autor por esta nova publicación! Andrea Barreira levará a sección de literatura infantil e xunvenil e Susana Váquez iniciará un percorrido polos animais de compaña dos escritores. Escoitaremos música de J.S. Bach, Aria da suite en Re Maior.
Embed this episode
NOW PLAYING
Hoxe, no Sombreiro, contaremos con Juan Besada e con María Díaz, de MSF
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Similar Podcasts
No similar podcasts found.