Informativo, 20/02/2025 episode artwork

EPISODE · Feb 20, 2025 · 33 MIN

Informativo, 20/02/2025

from Novas Locais en Rádio FilispiM

Informativos da Rádio FilispiM 20/02/2025. - Sumario: Celia Fernández fai un chamamento á participación no ciclo de cultura democrática “Cóntamo ti” coa temática “Defende a galega” que se realizará o próximo venres 21 de febreiro ás 19:30 h. no Centro Cívico de Canido. Esta palestra contará coa presenza dos xornalistas Raquel Lema e Alfonso Hermida. A Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática informa do acto institucional de descubrimento da placa de denominación da Avenida do mar Rafael Pillado o próximo venres 21 de febreiro ás 17:30 h. Edu Comochoconto, da Radio Raposeira, envíanos un resumo da rolda de imprensa sobre o julgado das detidas no Burger King o 6 de outubro de 2024 en Compostela, durante a manifestación de apoio a Palestina. Noticias dialogadas con Lupe e Inacio: dialogan sobre a apresentaçom do livro “Memorial e monumento ás vítimas do franquismo en Ferrolterra, Eume e Ortegal”. Inácio Caranza envíanos o audio coa intervención de Pepe Cunha, o voceiro da plataforma “Queremos Galego” lido na ruada en Ferrol do pasado sábado 15 de febreiro. A plataforma “Queremos galego” de Narón convida á ruada pola lingua marcada para o sábado 22 de febreiro ás 17:30 h. na praza da Gándara en Narón. Axenda cultural: A Sociedade Cultural Medulio organiza un espectáculo musical baseado na obra de Rosalía de Castro o vindeiro 22 de febreiro ás 18:00 h. na capela do Torrente Ballester. Música a cargo de Emma López Laudenbach, Nélida Santiago Sánchez e Xoam Padím. Informa Xoam Padím. Joaquin Enriquez promove a terceira edición do certame “O Talentiño 2025”. Lupe Cés convídanos ao cozido caranceiro o domingo día 2 de marzo. André PequenoMonstro recomenda a festa de Entroido organizada polo Concello de San Sadurniño o venres 28 de febreiro. No Centro Social Artábria o día 21 de febreiro chega Peter Punk co espectáculo “Con lingua própia”; o día 22 a partir das 13 h. hai festa rachada na sesón vermute do colectivo Pogo de Senhoras. Nesta festa haberá caldo da Glória , a música estará a cargo de Atómica DJ e ainda se fará costumización de camisolas. O domingo 23 iremos todas á manifestación pelo galego en Santiago de Compostela. Informa Silvia Bogo. Condución/edición: Jorge Mirancos Participa! [email protected] (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Feb 20, 2025

Embed this episode

NOW PLAYING

Informativo, 20/02/2025

0:00 33:44

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Novas Locais en Rádio FilispiM?

This episode is 33 minutes long.

When was this Novas Locais en Rádio FilispiM episode published?

This episode was published on February 20, 2025.

Can I download this Novas Locais en Rádio FilispiM episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!