EPISODE · Feb 6, 2025 · 28 MIN
Informativo da FilisipM, 6/2/2025
from Novas Locais en Rádio FilispiM
Boletín informativo da FilispiM, 6/2/2025 SUMARIO: - Noticias Dialogadas. Lupe e Inacio fálannos da nova axuda fake da Xunta de Galiza, un capítulo máis do servizo de propaganda do Partido Popular. - Comunicado Galiza Anti-OTÁN. O noso compañeiro Comochoconto, da Radio Raposeira, fáise eco dunha convoatoria co gallo do famoso referendum da OTAN en 1996. Unha Xornada Galega contra a OTAN e pola paz mundial prevista para o 12 de marzo en toda Galiza. - Nace "O Faladoiro", un novo programa realizado polas persoas integrantes e colaboradoras do Colectivo Opaíí-Rádio FilispiM. O noso compañeiro Vicente cóntanos os detalles desta iniciativa, informativa, comunitaria e participativa. - Presentación do xogo "Feminismos no Tempo". Sexta feira 7 de febreiro as 7:30 pm no local da Asociación Artábria en Esteiro, nolo conta Xorxe Mirancos. - Ciclo de Cultura Democrática, "Cóntamo ti", organizado pola Asociación de Veciñanza de Canido e Colectivo Muiño do Vento. Venres 21 de febreiro ás 7:30 pm no CC de Canido. Abrirán esta nova edición xornalistas da CRTVG que sofren a intromisión política do seu traballo informativo. Nolo conta Celia Fernández. - A Escola Universitaria de Enxeñaría de Ferrol xunta o venres 7 de febreiro a máis de 20 firmas no seu I Encontro co Empresas. A xornada inclúe dúas mesas redondas: "Retos para as Enxeñarías 2030" e "Hai vida máis aló das grandes empresas". - O autor ferrolán Marcos Mella convídanos a acudir á presentación da reedición de 300 Meses. Hotel La Torre do Lago (Valdoviño), venres 7 de febreiro ás 7:00 pm. Haberá música e sinatura de exemplares do CD. - Despedimos con tralla. Ghorxa, unha banda ferrolá, entre a sicodélia, o grunge e outras herbas, que ven de lanzar un novo traballo resultado dunha sesión de directos. Ferror Records, que vén de cumprir 10 anos, publica o artefacto. Condución/edición: pequenomonstro.
Embed this episode
NOW PLAYING
Informativo da FilisipM, 6/2/2025
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.