EPISODE · Nov 6, 2024 · 21 MIN
Informativo Rádio FilispiM, 06/11/2024
from Novas Locais en Rádio FilispiM
Informativos de Rádio FilispiM, mércores 06/11/2024 Sumario: Novas Dialogadas. Lupe e Inacio reflexionan, a partir das consecuencias da DANA no Levante español, verbo dos posíbeis riscos de inundacións na Terra de Trasancos. O Colectivo BBTT de Narón informa sobre a lactación materna en situación de emerxencias. Damos voz a un voluntario da desastre de Valencia, quen denuncia a manipulación do voluntariado, por parte das institucións. Crónicas da carga policial e detencións na convocatoria "Galiza con Palestina" en Compostela o pasado 6 de outubro de 2024. Parte I e II. AXENDA. Clube de lectura de Artábria, "Imaxen de Portugal en Galicia" (Carlos Quiroga). Quinta feira, 7 de novembro ás 20:!5 horas. No seu local social. AXENDA. O Colectivo LGTB+ Avante de Ferrolterra, convídanos as súas asembleas dos venres. No mesmo espazo, CC de Canido, levará a cabo unha foliada o sábado 9 de novembro ás 12:00 do mediodía. AXENDA. Apresentación en Artábria do libro "A Terra do Eo-Navia. A Galegidade en Asturias", de Manuel Miragaya. Sexta feira, 8 de novembro no local da asociación. AXENDA. A asociación AXANOG, contra o cancro infantil e xuvenil, prepara unha xornada de actividades lúdico solidarias para toda a familia, o domingo 10 de novembro no CC de Canido. MÚSICA. Despedimos cun adianto acústico do inminente novo single da cantora de Doniños Lidia India, "No Mare". Participa! [email protected] (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!
Embed this episode
NOW PLAYING
Informativo Rádio FilispiM, 06/11/2024
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.