EPISODE · Oct 23, 2024 · 19 MIN
Informativo Radio FilispiM, 23/10/2024
from Novas Locais en Rádio FilispiM
Primeira edición dos informativos da radio libre e comunitaria de Trasancos que emite desde Ferrol, na súa nova etapa (mércores 23/10/2014).- Sumario: - Editorial. Regresan os informativos a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite desde Ferrol. - A veciñanza do barrio de Canido demanda usos culturais e socias para o antigo edificio de suboficiais. - A Asociación de Memoria Histórica Democrática presenta o venres 25 de outono, no CC Torrente Ballester de Ferrol, "En la Piel de los Héroes", un libro de Xoxé Fortes Louzán. - Video Conferencia sobre xogos de rol, dentro do ciclo "Afecións Transformadoras", organizado pola Area Sanitaria de Ferrol e a AVV de Canido, entre outras. Venres 25 de outono ás 11:00 hrs, no CC de Canido. - Nace unha nova radio libre, "nómada e festeira", Rádio Raposeira. Informa Edu Comochoconto desde a Kalimera. - Novas Dialogadas. No primeiro capítulo desta nova sección dentro dos Informativos, reflexionamos sobre dous temas de actualidade: o xenocidio en Palestina e a manipulación informativa na radio e televisión pública galega, a RTVG. - Dentro das actividades do 26 Aniversario da Fundaçom Artábria, concerto de Katya Teixeira. Venres 25 de outono ás 21:30 h. no local do asociación, en Travessa de Batalhons (Esteiro-Ferrol).
Embed this episode
NOW PLAYING
Informativo Radio FilispiM, 23/10/2024
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.