Informativo semanal RFM 13/03/2025 episode artwork

EPISODE · Mar 14, 2025 · 28 MIN

Informativo semanal RFM 13/03/2025

from Novas Locais en Rádio FilispiM

Informativos da Rádio FilispiM 13/03/2025 Sumario: A editorial ferrolá (sen ánimo de lucro) ‘Libros del Océano’ ven de publicar o libro “Al borde de tu orilla” do fotógrafo Pablo Fernández. Informa Vicente Irisarri. A asociación para o apoio á lactancia BBTTA organiza actividades para este fin de marzo de 2025 no centro comunitario Manuela Pérez Sequeiros de Narón. O venres 21, entre as 5 e 7 do serán terá lugar un obradoiro titulado: "Ferramentas para unha experiencia positiva no parto". Ao día seguinte, sábado 22, entre as 11 e 01 do mediodía, terá lugar outro obradoiro: "Medicina Tradicional Chinesa no embarazo, parto e puerperio".Ambas actividades estarán conducidas pola Matrona Susana Iglesias, non teñen coste algún, mais precisan inscrición previa no email: [email protected] ou no teléfono: 680.11.38.45. Informa André Pequeno Monstro. NOTICIAS DIALOGADAS, con Lupe e Inacio: A contaminaçom por ferro em dous colegios públicos de Esteiro e a necessidade da gestiom pública do serviço de águas e que este sexa um serviço mancomunado dos concelhos de Ferrolterra, para garantir a calidade do o mesmo, assim como a sua sustentabilidade, fuxindo assim do negócio e o ánimo de lucro que implica a sua privatizaçom. "Eu aponto-me a guerra sob uma só condicom..." Comochoconto (Radio Raposeira). AXENDA: Mesa redonda “Ferrol e os seus lugares, o Monumento ó 10 de Marzo”, que terá lugar o xoves 13 de marzo, ás 19h, no Ateneo Ferrolán coa intervención de: Enrique Barrera, Maricarmen Tapia e Begoña Hermida. Organizada por Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática. Informa Fernando Ocampo. CONCENTRACIÓN ANTIOTAN. Que non nos arrastren á guerra. Movilización galega contra a lóxica belicista e o xenocidio en Palestina. Terá lugar o domingo 16 de marzo, ás 13h, na Praza Vella (diante do arsenal) en Ferrol. Informa Fernando Ramos. Jorge Mirancos, dende a Fundaçom Artábria, fai un repaso das atividades que se levarán a cabo nos vindeiros días no centro social: Apresentaçom do livro “Galizan Nation” (Uma distopia Kpop) de Isabel Rei Samartim, o vindeiro 14 de marzo ás 19.30h e apresentaçom do livro “Mulleres na Construción da Nación Galega” con Lucía Veciño e Margarida Corral, o 18 de marzo, ás 20h. Despedida co tema musical “Urrun” de Fermin Muguruza e recordatorio do seu concerto o día 15 de marzo, no Multiusos do Sar de Compostela. Con saúdo incluido do artista para Rádio Filispim. Condución/edición: Ana Lucecú. Participa! [email protected] (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Mar 14, 2025

Embed this episode

NOW PLAYING

Informativo semanal RFM 13/03/2025

0:00 28:55

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Novas Locais en Rádio FilispiM?

This episode is 28 minutes long.

When was this Novas Locais en Rádio FilispiM episode published?

This episode was published on March 14, 2025.

Can I download this Novas Locais en Rádio FilispiM episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!