Informativos Rádio FilispiM, 3/4/2025 episode artwork

EPISODE · Apr 9, 2025 · 50 MIN

Informativos Rádio FilispiM, 3/4/2025

from Novas Locais en Rádio FilispiM

SUMARIO: A intervención da portavoz da Plataforma S.O.S Sanidade pública no Pleno municipal do Concello de Ferrol do pasado xoves 27 de marzo, pon nervosos aos monaguillos do Partido Popular desta cidade. Nolo conta Antonio. Noticias Dialogadas. O traballo dos coidados as persoas maiores é un servizo maiormente en mans do sector privado. Grandes corporaçons repartem-se o pastel de milleiros de milhons de euros. Un deses doces chámase Galiza, un pais envellecido onde máis do 25 por cento da poboazón supera os 65 anos. En Ferrol os dados de persoas con dependenza recoñecida non atendida son alarmantes. Nolo contan Lupe e Inacio. Precisamente, O Faladoiro de Filispim, tratou na súa última edición do Edadismo, da soidade non desexada e mortes sen compañia, que comezan a ser habituais na cidade de Ferrol. O sicólogo Manolo Castro e a arquitecta María Fernández Lemos, foron convidados nesta ocasión. Un impulsores do programa, Cesar Pita, lembra que podemos volver ouvilo a través desta sintonía ou podcast . A pasada segunda feira en Ferrol tivo lugar umha nova concentraçom convocada pola Coordenadora Galega de Solidariedade coa Palestina, dentro dumha jornada nacional contra o genocídio e o apartheid. Bruno Teixeiro leu o comunicado e o médico gazatí afincado em Ferrol, Amir Ismail Hejazy, tivo umhas palavras de agradecimento. Inacio, estivo alí. "De minas e lixo". Comochoconto, da Radio Raposeira, de novo na FilispiM. Mortes na mina. Cinco traballadores mortos e catro graves no concello de Degaña en Asturies. A mina non tiña permiso para extración deste minera. Informa Oskar, desde Rádio Raposeira. Nace na Galiza a Plataforma Galega pola paz, contra o militarismo, a OTAN e a guerra. Para o mércores 9 de abril convocan concentracións nas sete cidades do noso país. Informa, Lupe Ces. O Colectivo Memoria Histórica Democrática presenta o libro "Alejandro Viana, un galego ao fronte do rescate dos refuxiados republicanos", escrito por Roberto Meras Cobas. Será o vindeiro sábado 5 de abril, no Museo de Humor de Fene. Informa Fer Ocampo. A segunda novela de Miguel Castro Serantes, "La Cuadrilla de las Olas Rotas", está publicada por Fuco Buxán e será presentada o xoves 10 de abril as 7 do serán no CC de Canido en Ferrol. Informa pequenomonstro. As Comadres das Letras presentan o seu segundo libro "Cereixas Roubadas" nunha sesión vermú literaria con música en directo, este sábado 5 de abril, ás 13h, no Centro Cívico de Canido (Ferrol). Informan Flora Miranda e Ana Lucecú. Un clásico no informativo da Rádio FilispiM, as actividades do Centro Social Artábria para a semana. En detalle nolo conta Jorge Mirancos. A plataforma SOS Sanidade Pública, convoca a unha manifestación en Compostela o domingo 6 de abril. (redación) Marchamos a ritmo de jazz. Baldo Martínez Sextet, o novo proxecto do mítico contrabaixista ferrolán, aterrará no Teatro Jofre de Ferrol o venres 11 de abril. (pequenomonstro) Condución/edición: pequenomonstro. Redación: equipa informativos RFM.-

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Apr 9, 2025

Embed this episode

NOW PLAYING

Informativos Rádio FilispiM, 3/4/2025

0:00 50:36

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Novas Locais en Rádio FilispiM?

This episode is 50 minutes long.

When was this Novas Locais en Rádio FilispiM episode published?

This episode was published on April 9, 2025.

Can I download this Novas Locais en Rádio FilispiM episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!