EPISODE · Feb 24, 2014 · 5 MIN
Julio Saians, parabéns!
from Novas Locais en Rádio FilispiM
A Audiencia Nacional arquiva ano e medio despois a causa aberta contra Júlio Saians. Todos lembramos cando hai ano e medio dous vecinos da Comarca de Trasancos, Julio Saians e a súa moza Silvia Casal foron detidos por presunta vinculación co que o tribunal de excepción español, Audiencia Nacional, chama "Resistencia galega". Daquela, os seus veciños e familiares ficaban alarmados ante o impresionante operativo policial, onde se detía a estes mozos e se lles aplicaba unha Lei de excepción coma é a antiterrorista, someténdoos a unha grave violación dos seus dereitos máis fundamentais. Sen protección legal nen asistencia xurídica estiveron durante horas, de acordo a isa Lei de excepción que lles aplicaron. O mesmo día da detención, Silvia Casal, coñecida pola súa vinculación co tecido artístico-cultural da nosa comarca, foi posta en liberdade sen ningún cargo e sen que houber ningún tipo de indicio de delicto contra dela. Iso sí, logo de ser separada do seu pequeno fillo lactante durante moitas horas. Só sabe ela da dureza e inxustiza daqueles momentos vividos que nunca xamais esquecerá, privada dos seus dereitos máis fundamentais, separada do seu pequeno. Pois ben, logo de todo ise trance de excepción, logo de ano e medio, a Audiencia Nacional vén agora de arquivar a causa aberta contra do seu compañeiro Júlio Saians a quen o Ministerio do Interior responsabilizaba das finanzas do que eles chaman "Resistencia Galega". Preguntámonos, quen vai remedar agora o inmenso dano causado a esta xoven parella da nosa comarca?. Dende os Informativos de Rádio FilispiM, aproveitamos para saúdar e enviar os nosos parabéns e ánimos a Júlio e a Silvia e, como non, ao seu pequeno, veciñas e veciños ben queridos na nosa comarca. Redacción Informativos de Rádio FilispiM.
Embed this episode
Ready to play
Julio Saians, parabéns!
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.