EPISODE · Jun 20, 2015 · 56 MIN
Lecturas no Sombreiro con Carol Bret, Abraham Pérez, Manuela Arcos e Alicia López!
from Podcast O Sombreiro de Merlín
Hoxe no noso Sombreiro, lecturas, lecturas e relecturas, encontros e reencontros: Carol Bret e Abraham Pérez achéganse aos nosos estudios de Radio Obradoiro para acompañar a Manuela Arcos e Alicia López nesta mañá de sábado. Con Carol Bret coñeceremos ou recoñeceremos á bohemia, esa necesaria ollada que precisamos hoxe na nosa literatura e no noso ambiente humano, e a Alejandro Sawa, figura inspiradora do valleinclanesco Max Estrella. Abraham Pérez, achega a Kafka, Max Aub, e Augusto Monterroso, con moito humor intelixente. Manuela Arcos deleitaranos con "O Porco de pé", unha das lectura favoritas da nosa directora, e a poesía asomará nos versos de María Reimóndez. Da man e a voz da nosa directora Alicia López, presentaremos o novo libro de Enxebrebooks, "El rey lombriz", de Sonia Escolano, unha valoradisima directora de cinema, multipremiada pola súa longametraxe "Myna se va": o filme foi estreado nos Estados Unidos. Parabéns a unha autora de tan alta calidade e a Enxebrebooks por achegránola. Escoitaremos música do grupo "Talabarte" e unha versión do Nocturno Op. 9 No 2 de Chopin, interpretado por Matt Bellamy, de Muse. Agardamos estar valleinclanescamente "estupendos" e facervos pasar unha ben literaria mañá de sábado!! Bicos e feliz finde!
Embed this episode
NOW PLAYING
Lecturas no Sombreiro con Carol Bret, Abraham Pérez, Manuela Arcos e Alicia López!
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.