EPISODE · Oct 16, 2024 · 1H 25M
Liberdade para o galego. Abonda coa propia vontade persoal para falar galego?
from A GALIZA e o GALEGO
Palestra a propósito da apresentación do libro "Liberdade para o Galego", de Elsa Quintas e Marcos Maceira, membros da "Mesa pola normalización lingüística" e "Queremos Galego", na libraría Cartabón. Libro moi acaído, tras sabermos que, POR PRIMEIRA VEZ NA HISTORIA, o galego é minoritario na Galiza. Os últimos datos del Instituto Galego de Estadística (IGE), publicados este 11 de outubro, revelan que a porcentaxe de residentes na Galiza que empregan exclusivamente o galego xa non é maioritario, como até agora. A situación é alarmante entre os máis novos. Un terzo dos menores entre 5 y 14 años (32%) confesa saber "pouco o nada" de galego. Ademais, só un 7% deste grupo usa exclusivamente o galego. Por que é que acontece isto? Realmente podemos usar o galego sen problema e únicamente é que estamos optando polo castelán?... Abonda coa propia vontade para falarmos sen problema en galego?... Ou existen impedimentos materiais, situacións de coaccións ou condicionantes de calquera tipo que obstaculizan o seu libre desenvolvemento? Pode materializarse o seu uso en todos os ámbitos? Ten a presenza necesaria para aseguralo? Podemos dispor dela en todo e para todo?...
Embed this episode
NOW PLAYING
Liberdade para o galego. Abonda coa propia vontade persoal para falar galego?
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.