Skip to content
Manuel RODRIGUES LAPA e a GALIZA episode artwork

Oct 23, 2012 5 min

Manuel RODRIGUES LAPA e a GALIZA

from O GALEGO REINTEGRACIONISTA

Manuel Rodrigues Lapa, foi un filólogo portugués que fixo varios estudos sobre o galego. Estudou na Universidade de Lisboa, onde se doutorou coa tese Das Origens da Poesia Lírica em Portugal na Idade Média (1930). Nese mesmo ano dirixe a súa atención para Galiza, e publica Os vilancicos: o vilancico galego nos séculos XVII e XVIII, obra na cal estuda vilancicos nos que aparecen galegos aos recitar. Dous anos despois efectúa a súa primeira visita a Galiza. En repetidas ocasións voltará a publicar sobre o galego e a Galiza nos anos seguintes onde se relaciona con diversos galeguistas. En 1965, a súa edición das cantigas de escarnio e maldicir imprímese en Vigo e, en 1973, Rodrigues Lapa publica un artigo na revista lisboeta Colóquio / Letras, ONDE SE PROCLAMA PARTIDARIO DE QUE O GALEGO SE ESCRIBA CON ORTOGRAFIA PORTUGUESA. O artigo reeditouse na publicación galega Grial, o que provocou unha viva polémica, na que toman postura en contra intelectuais galegos, como Ramón Piñeiro, Álvaro Cunqueiro e Ramón Otero Pedrayo, ente outros; e a favor Valentín Paz Andrade, Ernesto Guerra da Cal, Ricardo Carballo Calero e outros. En 1981 realizou a que sería a súa última visita a Galiza, para presentar un libro do seu amigo Carballo Calero. Por esta altura padecía xa problemas de saúde que dificultaban os seus desprazamentos. En 1989 falecería na súa morada de Anadia (Aveiro).

Episode details come from the podcast's RSS feed.

Embed this episode

Ready to play

Manuel RODRIGUES LAPA e a GALIZA

0:00 5:31

No transcript yet.

Requests help us decide what to transcribe next.

Frequently asked questions

How long is this episode of O GALEGO REINTEGRACIONISTA?

This episode is 5 minutes long.

When was this O GALEGO REINTEGRACIONISTA episode published?

This episode was published on October 23, 2012.

Can I download this O GALEGO REINTEGRACIONISTA episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.