EPISODE · Feb 24, 2026 · 44 MIN
María Candamo | Deseñadora e artesá · Creacións que preservan a historia e a cultura mariñeiras | #9
from As follas novas · host ensaia.
Entrevistamos a María Candamo, unha das deseñadoras e artesás máis xenuinas de Galicia. Desde a súa terra, Louro, María recolle residuos mariños e redes de pesca abandonadas para transformalos, a través da resina, en pezas de xoiería únicas e con historia. Finalista da «Bolsa ensaia» en 2022, fálanos sobre o deseño sostible, un activismo que sume e o orgullo de crear desde a costa galega, demostrando que detrás de cada residuo hai unha antiga vida mariñeira que merece ser preservada.| Sobre As follas novas.Entrevistas a algunhas das persoas máis fascinantes que coñecemos grazas á «Bolsa ensaia» con traxectorias admirables en campos moi diversos. Aquí afondamos no seus procesos creativos e formas de entender o mundo. | Sobre ensaia. Somos un movemento que, en forma de comunidade e cunha visión de longo prazo, doa anónima e desinteresadamente cartos para, entre outras iniciativas, outorgar anualmente bolsas que apoien traxectorias destinadas a impactar positivamente en Galicia. Súmate á comunidade para outorgar máis bolsas e coñece máis sobre nós na nosa web: ensaia.com
Embed this episode
Ready to play
María Candamo | Deseñadora e artesá · Creacións que preservan a historia e a cultura mariñeiras | #9
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.