MARQUES DE POMBAL, O Ilustrado
from UNIVERSO LUSÓFONO
Sebastião José de Carvalho e Melo, Marqués de Pombal, foi un nobre portugués, Secretario de Estado (equivalente ao cargo de Primeiro Ministro ou Presidente de Goberno actual) durante o reinado de D. José I (1750-1777), sendo considerado, aínda hoxe, unha das figuras mais controvertidas e carismáticas da Historia Portuguesa. Representante do Despotismo Ilustrado, desempeñou um papel fulcral na aproximación de Portugal á realidade económica e social dos países do Norte da Europa. Implementou varias reformas administrativas, económicas e sociais de fondo calado. Acabou coa escravitude no Portugal Continental no 1751 e, na práctica, cos autos de fé en Portugal, así como coa discriminación dos cristiáns-novos. A súa administración ficou marcada por dous acontecementos tráxicos: o primeiro foi o destructor terremoto de Lisboa de 1755, un desafio que lle conferiu o papel histórico na renovación arquitectónica desta cidade. Pouco depois, o Proceso dos Távoras, unha intriga de consecuencias dramáticas. Foi un dos principais responsabeis da expulsión dos Xesuitas en Portugal e nas súas colonias.
Embed this episode
No transcript yet.