EPISODE · Apr 18, 2015 · 56 MIN
Miguel Ángel Alonso Diz, no Sombreiro!!
from Podcast O Sombreiro de Merlín
Este sábado, na sintonía de Radio Obradoiro a partires do mediodía, O Sombreiro de Merlín recibe ao escritor Miguel Ángel Alonso Diz. Con el falaremos do seu traballo creador, do seu xeito de entender a literatura, e das novas obras que xa moi prontiño verán a luz para ledicia de todos: "O valente coello que quixo soñar" (infantil-xuvenil), e "Retorno ao país dos ananos sen moverse da habitación" (poesía social). Falaremos tamén do décimo aniversario de "A Porta Verde do Sétimo Andar", e queremos salientar, asimesmo, un fito moi valioso: o libro "A nena á que non deixaban ser feliz" foi elixida entre unas 10.000 obras polo servicio de educación pública mexicana para estar en todos os colexios e bibliotecas de México. Todo un recoñecemento á obra de Miguel Ángel e, dende logo, a esa marabillosa ilustradora que é Luz Beloso, presente en cada unha destas obras. Parabéns aos dous!
Embed this episode
NOW PLAYING
Miguel Ángel Alonso Diz, no Sombreiro!!
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.