Skip to content
Mon Fernández presenta as súas prioridades para Ferrol: vivenda, patrimonio, mercados, transporte e unha «voz propia» episode artwork

EPISODE · Sep 28, 2026 · 28 MIN

Mon Fernández presenta as súas prioridades para Ferrol: vivenda, patrimonio, mercados, transporte e unha «voz propia»

from Voces de Ferrol - RadioVoz

O candidato do BNG á alcaldía de Ferrol, Mon Fernández, defendeu en Voces de Ferrol, de Radio Voz, a necesidade de que a cidade teña «voz propia» e coloque as persoas no centro das políticas municipais. Fernández, que afrontará por primeira vez unhas eleccións municipais tras seis anos como deputado no Parlamento de Galicia, asegurou que o BNG aspira a gobernar Ferrol e reivindicou a experiencia municipal da formación. Entre as súas prioridades citou a recuperación e posta en uso do patrimonio municipal, a revitalización dos mercados e do comercio de proximidade, a vivenda pública e a rehabilitación de Recimil. Tamén reclamou melloras no transporte e nas conexións ferroviarias con A Coruña, ademais da retirada das liñas de alta tensión de Caranza. Fernández defendeu igualmente recuperar o proxecto para que Ferrol sexa Patrimonio da Humanidade e considerou necesario avanzar na apertura da cidade ao mar, aínda que vinculándoa á solución das carencias básicas de infraestruturas. Sobre o mercado da Magdalena, apostou por dialogar cos praceiros e abordar conxuntamente a situación dos tres mercados municipais. O candidato confirmou ademais que, se resulta elixido alcalde, deixará automaticamente a súa acta de deputado autonómico e asegurou que a súa intención é dedicarse en exclusiva á política municipal.

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Sep 28, 2026

Embed this episode

Ready to play

Mon Fernández presenta as súas prioridades para Ferrol: vivenda, patrimonio, mercados, transporte e unha «voz propia»

0:00 28:20

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Voces de Ferrol - RadioVoz?

This episode is 28 minutes long.

When was this Voces de Ferrol - RadioVoz episode published?

This episode was published on September 28, 2026.

Can I download this Voces de Ferrol - RadioVoz episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!